Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

04/10/20 | 12:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia este luns os traballos de roza e limpeza nas marxes de distintas estradas nas comarcas do Baixo Miño, o Salnés e Betanzos

Actuarase nas vías de alta capacidade CG-4.2, en Tomiño e A Guarda; na VG-4.3, que comunica Cambados e Vilagarcía; así como na estrada AC-542, en Betanzos

03/10/20 | 11:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e Cogami reforzarán a súa colaboración para favorecer a accesibilidade en proxectos e obras que execute a administración autonómica

A Confederación Galega de Persoas con Discapacidade prestará asesoramento para mellorar a accesibilidade nas obras de integración paisaxística dos Camiños de Santiago á súa entrada en Compostela

02/10/20 | 13:20 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
02/10/20 | 13:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública as actuacións para favorecer unha contorna máis segura para veciños e escolares de Santo André de Xeve, en Pontevedra, cun investimento de 2 millóns

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe os anuncios polos que se someten a información pública os dous proxectos de mellora da seguridade viaria que se levarán a cabo nas estradas autonómicas PO-223 e PO-224

02/10/20 | 12:19 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

As obras de integración paisaxística do Camiño de Santiago en Conxo intensifican os traballos fronte ao mosteiro de Santa María para crear a pequena 'Praza do Obradoiro'

As tarefas no Campo de Conxo céntranse na colocación da pedra na parte máis próxima ao mosteiro para avanzar, a continuación, na urbanización da praza

02/10/20 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica as expropiacións para executar o acceso á autovía autonómica AG-53 en sentido Ourense desde Dozón

A actuación conta cun investimento autonómico de máis de 845.000 euros, dos que preto de 7.000 euros se corresponden coas expropiacións das 10 fincas necesarias

02/10/20 | 10:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita as obras de mellora do sistema de abastecemento en Lobios cun investimento de case 350.000 euros

As empresas interesadas na execución dos traballos poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 2 de novembro

01/10/20 | 15:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor, visita a zona na que se executará a nova senda peonil na AC-301 en Rois

O representante do goberno autonómico e o alcalde supervisaron o traxecto no que se construirá esta senda que saíu a información pública o venres pasado

01/10/20 | 14:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e os concellos de Santiago de Compostela e de Teo renovan a prestación dos servizos de transporte urbano á urbanización dos Tilos para os vindeiros 4 anos

O acordo hoxe rubricado permite manter estas expedicións que realiza desde 2015 a empresa de transporte urbano do Concello de Santiago

30/09/20 | 14:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adiantará un investimento de 400.000 euros para a mellora do firme da estrada LU-170 entre Cabreiros e Momán, no Concello de Xermade

O departamento de Infraestruturas tramita a redacción deste proxecto de renovación da capa de rodadura e mellora da seguridade viaria para a súa execución en 2021