Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

20/02/20 | 14:31

A Coruña e Santiago acollen esta fin de semana as estreas das pezas de danza 'Médula' e 'Emigrantas' coproducidas pola Xunta

Os dous espectáculos foron cofinanciados a través do programa do Centro Coreográfico Galego e recibiron apoio loxístico e técnico para a súa posta en escena

20/02/20 | 13:20

Anxo M. Lorenzo destaca a importancia do legado de Luís Seoane na presentación do catálogo que recolle as súas obras

O Museo de Belas Artes acolle ata o 8 de marzo unha mostra das pinturas deste polifacético artista datadas desde os anos 50 ata finais da década dos 70

19/02/20 | 20:34

'Rizoma', a nova exposición do premio nacional de fotografía Manuel Vilariño, chega á igrexa da USC da man da Xunta

Este espazo acollerá até o vindeiro 2 de abril un total de 20 fotografías deste artista, nun percorrido pola súa obra que arrinca nos anos 80 e chega á actualidade

19/02/20 | 18:13

A industria audiovisual galega preséntase no European Film Market de Berlín cunha delegación de 17 empresas

A Xunta apoia esta misión comercial e institucional ao mercado da Berlinale, onde difundirá o novo catálogo ‘Films from Galicia’, que recolle 52 producións galegas xa finalizadas ou en fase de desenvolvemento

19/02/20 | 12:45

A Xunta e a comisión Fulbright convocan cinco bolsas para estadías formativas no campo das artes nos Estados Unidos

Os beneficiarios realizarán estudos e investigacións durante os dous próximos anos en centros americanos de referencia

19/02/20 | 10:52

A Xunta impulsa a mellora do equipamento das instalacións culturais dos concellos cun investimento de 500.000 euros

O DOG publica a convocatoria que subvencionará actuacións como obras de reforma, ampliación e modernización ou adquisición de materiais técnicos
 

18/02/20 | 20:45

Román Rodríguez destaca a capacidade dun renovado Bonaval para exercer de polo de turismo cultural de cara ao Xacobeo

Fíxoo na presentación do libro ‘Bonaval, de onte a hoxe’, froito do traballo de catro acreditados especialistas como son Celestino García Braña, Xerardo Estévez, María Xosé Fernández Cerviño e Adrián Alonso Lorenzo

18/02/20 | 12:45

A Xunta achega máis de 250.000 euros en 20 bolsas de formación e na mellora dos arquivos de Galicia

O Diario Oficial de Galicia recolle a convocatoria das axudas polas cales titulados universitarios poderán desempeñar o seu labor durante seis meses no Sistema de Arquivos de Galicia e nos servizos centrais da Consellería de Cultura e Turismo

18/02/20 | 10:30

O programa de residencias do CDG acolle seis compañías durante esta temporada para traballar nas súas novas montaxes

Pérez&Fernández atópase xa no Salón Teatro de Santiago para preparar a estrea de ‘Os nenos da variola’, que poderá verse no espazo da Xunta do 28 de febreiro ao 1 de marzo