Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 258 novas da área temática Urbanismo:

01/12/20 | 11:18

O Diario Oficial de Galicia publica a resolución pola que se declara a primeira Área de Rehabilitación Integral de Guitiriz, a ARI de O Buriz e Os Vilares

Esta nova ARI abarca unha superficie de máis de 65 km2, comprende seis núcleos rurais onde están inventariadas unhas 234 construcións, das cales un 40% son vivendas e, dentro delas, un 80% son de tipoloxía tradicional

19/11/20 | 13:36

A Área de Rehabilitación Integral de Sober recibe este ano case 150.000 euros para a recuperación de inmobles e espazos públicos

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, visitou hoxe o concello lucense para coñecer o resultado dalgunhas das obras xa executadas nesta ARI, a única de Galicia que abrangue a totalidade dun municipio

10/11/20 | 14:15

Ángeles Vázquez salienta que a futura Lei de ordenación do territorio completará o camiño iniciado coa Lei do solo para simplificar e axilizar a normativa urbanística de Galicia

Durante o debate de totalidade do texto lexislativo, a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda subliña que os tres grandes obxectivos da futura norma son achegarse ao obxectivo de ningún concello sen PXOM, facilitar o desenvolvemento ordenado do medio natural e garantir a protección da paisaxe

10/11/20 | 12:57

A Xunta conclúe o trámite ambiental dos plans básicos municipais dos concellos de Triacastela e Ribeira de Piquín

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de facer público o resultado dos Informes Ambientais Estratéxicos destes dous proxectos

08/11/20 | 11:33

A Xunta conclúe o trámite ambiental dos plans básicos municipais de Porqueira, Cartelle, Padrenda, Trabada e San Xoán de Río

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda acaba de facer público o resultado dos Informes Ambientais Estratéxicos destes cinco proxectos

05/11/20 | 18:56

Medio Ambiente estudará colaborar co concello de Castrelo de Miño na urbanización da contorna da Casa do Maior de Vide

A conselleira Ángeles Vázquez reuniuse esta tarde co rexedor Avelino Pazos para analizar varios asuntos de interese municipal en materia urbanística

15/10/20 | 14:45
22/09/20 | 16:06

O Consello Executivo da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística analizará a proposta de cambio do director do ente

O avogado coruñés Jacobo Hortas substituirá ao fronte do organismo autonómico a José Antonio Cerdeira, quen renuncia ao cargo a petición propia

22/09/20 | 14:34

Medio Ambiente emite o Documento de Alcance do Estudo Ambiental Estratéxico do Plan Xeral de Vigo

Tal e como se trasladou a comezos deste mes, a Xunta resolve en tempo esta nova fase que forma parte da tramitación ambiental do PXOM, e que se suma á comunicación relativa ao informe urbanístico, elaborado pola Dirección Xeral de Ordenación do Territorio