Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 235 novas da área temática Portos:

02/04/20 | 13:20

Portos de Galicia remite ao Diario Oficial da Unión Europea o anuncio previo de licitación de proxectos de melloras portuarias por importe de 3,1 millóns de euros

O ente público contratará a través deste procedemento máis de 50 actuacións para as tres provincias costeiras

06/03/20 | 18:12

A Xunta licita hoxe o acondicionamento da nave de reparación de redes do peirao norte do porto de Burela por 287.000 euros

As empresas interesadas en optar á execución das obras poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 1 de abril

05/03/20 | 18:15

Portos de Galicia expón en Valencia os retos do sector náutico galego e a importancia de potencialo para xerar riqueza

A presidenta do ente público participa no VIII Congreso Náutico para poñer en valor as instalacións existentes en Galicia para as embarcacións de lecer e difundir os atractivos cos que conta a comunidade para o turismo náutico

11/02/20 | 19:14

Finalizada a reparación da barreira de protección das instalacións náuticas do porto de Barallobre

A execución das melloras substanciais na barreira de protección foron aprobadas polo trámite de urxencia no Consello da Xunta do pasado 5 de decembro

06/02/20 | 11:42

Portos de Galicia realiza reparacións de urxencia nos pantaláns da Pobra do Caramiñal para mellorar o servizo aos usuarios

A presidenta do ente público mantivo unha xuntanza cos representantes da confraría de pescadores e das asociacións de bateeiros para analizar as próximas actuacións a realizar nas instalacións portuarias

05/02/20 | 16:40

Portos de Galicia remata a instalación dos medidores de ondada e de correntes no interior do peirao de Malpica

Os tres sensores de presión e un dispositivo especial de medición están distribuídos en distintos puntos do peirao e xa están a recoller datos de ondada e das correntes dentro da dársena