Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

12/07/22 | 14:53

A Xunta anuncia que particulares e concellos poderán optar a partir do 20 de xullo a 11,5 M€ grazas ás axudas para rehabilitación enerxética do programa de Barrio

Ángeles Vázquez subliña que os municipios galegos con áreas de rehabilitación integral ou áreas Rexurbe xa declaradas poderán acollerse tamén a esta liña de incentivos grazas á insistencia e ás xestións realizadas polo Goberno autonómico

11/07/22 | 15:34 | C. de Sanidade

A Xunta estende o nivel máximo de alerta por vaga de calor a toda Galicia

Desde hoxe luns, e polo menos ata o venres, toda Galicia permanecerá baixo os efectos dunha masa de aire moi cálida de orixe norteafricana

11/07/22 | 12:37

A Xunta lanza unha consulta a concellos, empresas e xestores para optimizar as novas ordes de axudas en materia de residuos, ás que destinará máis de 20 M€

Ángeles Vázquez sinala que o obxectivo é detectar proxectos que contribúan a implementar as liñas de actuación a seguir para cumprir coas esixencias europeas neste eido e axudar a identificar aos potenciais beneficiarios dos fondos dispoñibles

10/07/22 | 12:58

A Xunta invita os concellos da zona da Mariña a coñecer os programas de axudas en materia de vivenda

É o terceiro encontro informativo ‘Construíndo Fogar’ que se celebra na provincia de Lugo e terá lugar o vindeiro martes, 12 de xullo, ás 10,30 h, no salón de actos das Escolas Vellas de Cervo, coa participación de persoal do Instituto Galego da Vivenda e Solo

08/07/22 | 13:07

A Xunta recorda a necesidade de protexerse fronte aos efectos do sol durante o verán

Ángeles Vázquez valora o esforzo que realiza MeteoGalicia para ofrecer una ampla información coa posta en marcha dun novo sistema de avisos de episodios de calor

07/07/22 | 13:49

A Xunta xestionará ata o ano 2025 preto de 107 M€ en programas e axudas directas no marco do novo Plan estatal para o acceso á vivenda

Ángeles Vázquez salienta que 4 das 7 liñas previstas, destinadas a alugueiro, compra e accesibilidade, convocaranse nas vindeiras semanas por un importe de 33 M€

07/07/22 | 11:21

Galicia rexistrou un mes de xuño con temperaturas normais e húmido, cun 78% máis chuvias do habitual

O avance do último informe climatolóxico de MeteoGalicia conclúe que foi un período marcado polas altas precipitacións, sendo as comarcas do Xallas e de Caldas as que concentraron unha maior cantidade de chuvias

06/07/22 | 15:20

A Xunta interésase no Comité Español de Xeoparques pola candidatura de Cabo Ortegal ante a Unesco

Do Campo subliña que a excepcional riqueza xeolóxica deste territorio supón o seu principal aval e lembra que foi a proposta escollida en 2021 con maior puntuación

05/07/22 | 13:26

A Xunta aposta pola continua mellora e modernización das estacións da Rede de Calidade do Aire de Galicia cun investimento de 1,7 M€

Ángeles Vázquez incide en que os valores límite para a protección da saúde humana non se superaron en ningunha das estacións en 2021