Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 720 novas da área temática Deporte:

31/03/22 | 11:45

A ‘Triple Corona Illas Atlánticas’ abre o luns o prazo de inscrición da primeira proba que se desenvolverá entre Cíes e Baiona para 160 participantes

A travesía a nado entre as praias de Rodas e Ribeira, na que colabora a Xunta, celebrarase o 10 de setembro

30/03/22 | 20:14 | Secretaría Xeral para o Deporte

Lete Lasa destaca que o libro 'Más allá de la meta' de Emilio Navaza conta a xénese dos cen anos do atletismo galego

Asegura que o libro é a mellor homenaxe que se lle pode facer ao atletismo galego que no ano 2021 tamén acadou a súa primeira medalla olímpica

30/03/22 | 16:09 | Secretaría Xeral para o Deporte

Xunta e UFEDEGA coinciden na necesidade dun convenio colectivo federativo e avanzan en novas posibilidades de financiamento

O secretario xeral para o Deporte e a directiva da UFEDEGA continuaron traballando nas posibilidades de explotación dos dereitos audiovisuais das competicións dos deportes de equipo, un traballo no que tamén están a AMTEGA e o IGAPE

30/03/22 | 15:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina 40.000 euros para a construción dun skatepark en O Saviñao

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaron hoxe a obra levada o ano pasado ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público

30/03/22 | 12:36 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta apoia ao piloto Alonso Liste para participar no Campionato de Europa de subidas de montaña

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, explica que o CIFP As Mercedes encargouse de poñer a punto o vehículo que conducirá o lucense, con quen tamén colabora a Secretaría Xeral para o Deporte

29/03/22 | 14:50 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta presenta a candidatura de Teresa Portela ao Princesa de Asturias cunha gran participación: preto de 3.500 votos populares e 175 cartas de apoio

Entre as cartas de apoio presentadas destacan as da International Canoe Federation, o Consejo Superior de Deportes, a Delegación do Goberno en Galicia, as tres universidades galegas, as catro deputacións provinciais, o Clúster do Deporte e ás súas empresas asociadas, a AGAXEDE, a FEGAMP, oito federacións deportivas nacionais, 56 federacións deportivas galegas, seis agrupacións deportivas, 48 concellos galegos, 28 clubs deportivos e 11 medios de comunicación

25/03/22 | 14:53 | Secretaría Xeral para o Deporte

A Xunta presenta o Núcleo de adestramento deportivo especializado de surf (NADE) en Nigrán como un novo fito da tecnificación do deporte galego

Manuel Fernández López, Sebastián Baamonde Amenedo, Martín Fernández González, Iván Rodríguez Portas, Lucía Martínez Bermúdez e Claudia Prieto Sapena son os seis surfistas galegos de entre 14 e 18 anos que entran a formar parte do proxecto

21/03/22 | 14:12 | Secretaría Xeral para o Deporte

A ampliación do complexo da Fieteira en Ribeira contará cun orzamento de máis de 1,5 millóns de euros e estará lista na primavera de 2023

A Plataforma de Contratación da Xunta de Galicia vén de publicar a licitación das obras por un importe de máis de 1,3 millóns de euros. O prazo para presentación das ofertas remata o vindeiro 13 de abril