Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Gonzalo Trenor destaca o investimento de case 100.000€ na mellora dos accesos ao hospital comarcal de Cee
As obras, planificadas e coordinadas co Sergas, están enmarcadas nos proxectos de mellora da accesibilidade nos principais centros hospitalarios públicos de Galicia
A Xunta inicia as obras de rehabilitación da Casa do Legoeiro do Outo do Cumial e de posta en valor da contorna da Vía da Prata, ao carón da estrada autonómica OU-105, no concello de Ourense
Os traballos, cun investimento de preto de 48.000 euros, prevén o seu remate entre finais de novembro e principios de decembro
A Xunta demanda ao Goberno de España evitar que os fondos de reconstrución europeos agranden a brecha entre o Corredor Atlántico e o Mediterráneo
Vázquez Mourelle destaca a oportunidade dos fondos europeos para acadar unha rede ferroviaria competitiva no noroeste peninsular que permita xerar riqueza e emprego estable
A Xunta traslada a súa disposición a asinar canto antes o convenio da estación intermodal da Coruña e demanda maior concreción a Adif sobre a reforma da terminal ferroviaria
Vázquez Mourelle insta ao ente ferroviario estatal a axilizar a firma do acordo, que será a base doutros convenios do financiamento do aparcadoiro ou do proxecto das zonas comúns
A Xunta remata a construción dunha pasarela peonil sobre o regato de Alongos, no concello de Toén, completando a senda habilitada na estrada autonómica OU-402
A intervención, cun investimento autonómico de preto de 20.000 euros, consistiu na execución dunha pasarela de 2,4 metros de anchura na marxe esquerda da estrada
A Xunta adxudica a redacción do proxecto de execución de reforzo do firme da estrada autonómica LU-170, entre Cabreiros e Momán, no Concello de Xermade
O contrato foi adxudicado por un importe de preto de 15.000 euros e ten un prazo de execución de 6 meses
A Xunta remata as obras de mellora do firme na travesía do Pindo, no concello de Carnota
As condicións meteorolóxicas permitiron reducir a 12 días a execución desta obra, iniciada o 7 de outubro e cun prazo para realizala de 1 mes
A Xunta adxudica as obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-440, no concello de Muxía
Esta actuación, adxudicada por máis de 48.000 euros, comezará a vindeira semana e terá un prazo de execución de 1 mes
Ethel Vázquez pon en valor o investimento de 700.000 euros nas contornas dos hospitais públicos Nicolás Peña e Meixoeiro de Vigo para favorecer unha circulación peonil máis segura e accesible
O Goberno galego está a traballar na contorna dos hospitais públicos da área de Vigo para a mellora da mobilidade do persoal sanitario e dos pacientes
A Xunta adxudica as obras de mellora de firme na estrada AC-114 entre o Val e Baltar, no concello de Narón, co fin de inicialas nas vindeiras semanas
Tras a execución dos traballos, a estrada será transferida á Administración local