Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta repartiu aos locais electorais o material de prevención e protección preciso para votar con seguridade o domingo
Un dos locais do concello de Friol acolleu hoxe unha demostración para poñer en práctica as medidas de prevención sanitaria recollidas no protocolo elaborado polo Goberno galego
O brote de coronavirus de A Mariña conta hoxe con 21 casos activos máis
Na actualidade, o total de casos activos do brote de A Mariña é de 165
Galicia rexistra un total de 256 casos activos por coronavirus
Un total de 10.880 pacientes xa están curados
O brote de coronavirus de A Mariña conta hoxe con 144 casos activos
As probas realizadas ata esta mañá confirmaron 23 casos positivos relacionados co brote de A Mariña
O 061 está a realizar as probas de detección do coronavirus ao persoal do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias
O CIAE supera os 340 traballadores e inclúe persoal da Axega, persoal sanitario e non sanitario do 061 de Galicia, persoal do 112 e traballadores doutros servizos de concesión pública
Galicia rexistra un total de 245 casos activos por coronavirus
Un total de 10.844 pacientes xa están curados
A Xunta envía material de protección individual e de desinfección para garantir a seguridade ante a covid-19 nos campamentos da campaña de verán na provincia de Ourense
Esta semana efectuouse o primeiro reparto destinado a cinco campamentos que se desenvolven na segunda quincena de xullo incluía máis de 15.000 máscaras e 500 luvas, así como 80 botes de xel hidroalcohólico e 27 garrafas de desinfectante
Feijóo avalía co Comité Clínico a situación da Comunidade, cunha atención especial á Mariña e co compromiso de seguir tomando medidas responsables e proporcionais á situación de cada momento
Recorda que, “con carácter xeral e con todas as cautelas”, no conxunto de Galicia a situación segue a ser estable, manténdose a tendencia das últimas semanas
A comarca da Mariña conta hoxe con 121 casos activos de coronavirus
As probas realizadas ata esta mañá confirmaron tres casos positivos relacionados co brote de A Mariña