Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

10/03/20 | 13:41

La Quintana Teatro estrea este xoves o espectáculo ‘O premio’ en coprodución co Centro Dramático Galego

Marián Bañobre dirixe este comedia aceda, escrita por Santiago Cortegoso, que poderá verse ata o domingo no Salón Teatro, onde a compañía está a desenvolver unha estadía previa dentro do programa de residencias artísticas da Xunta

10/03/20 | 13:18

As empresas ourensás Bodegas Gallegas e Aguas de Sousa súmanse ao patrocinio do Xacobeo 2021 con 320.000 euros

O representante da Xunta agradeceu a implicación de ambas firmas que, coa súa presenza internacional, contribuirán á promoción e divulgación do Ano Santo

09/03/20 | 13:23

A rede de Música ao Vivo da Xunta ofrécelle ao público galego 254 concertos de 81 grupos nas súas 20 salas asociadas

A programación, que se estende ata finais de ano, foi deseñada polos propios locais a partir das propostas artísticas inscritas na edición de 2020

06/03/20 | 17:50

O Gaiás celebra hoxe a primeira sesión coa que arranca o ‘Obradoiro de novela Cidade da Cultura 2020’

O xornalista e escritor Javier Peña foi o encargado da primeira clase, ao que lle seguirán ata o 22 de maio sete escritores e dous profesionais do eido editorial

06/03/20 | 16:00

A exposición Galicia en Foco amosa na delegación da Xunta en Lugo unha escolma das mellores imaxes do fotoxornalismo galego

A mostra permanecerá exposta ata o 31 de marzo e pode visitarse de luns a venres en horario ininterrompido de mañá e tarde e os sábados pola mañá

06/03/20 | 13:40

O CGAC amosa a dimensión artística da vida e a obra de Man de Camelle na mostra 'Museo (do ermitán) Man'

O conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, visitará a exposición na que se recolle a creación artística do alemán entre os anos 1969 e 1978

06/03/20 | 12:51

O Son do Camiño medrará por riba dos 100.000 asistentes cun cartel de éxitos internacionais e máis música galega que nunca

O Monte do Gozo volverá a converter a Galicia en referente musical os días 18, 19 e 20 de xuño con artistas que superan os 35 billóns de escoitas en internet

05/03/20 | 20:45

Román Rodríguez salienta a fonda pegada de Manolo Buciños na renovación da arte galega contemporánea

Fíxoo na apertura da mostra ‘Diario de artista. Buciños’, celebrada no Centro Cultural Marcos Valcárcel de Ourense