Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

01/11/20 | 10:03 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta trasládalle ao Ministerio de Transportes a Declaración Institucional de apoio ao impulso da autovía entre Macedo de Cavaleiros, Vinhais e A Gudiña

O Executivo autonómico tamén lle remitirá ao Goberno portugués esta declaración asinada coa Deputación de Ourense e 17 municipios da Raia luso-ourensana

31/10/20 | 11:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a vindeira semana os traballos de roza e limpeza nas marxes da estrada LU-232, que comunica Lugo e Friol

Continúan na provincia de Lugo as tarefas na vía de alta capacidade CG-2.2, en Lugo e no Corgo, e na autovía Ferrol-Vilalba, a AG-64, ao seu paso polo municipio coruñés das Pontes

30/10/20 | 16:27 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

A Xunta impulsará emendas ao proxecto de Presupostos Xerais do Estado coa fin de que incorporen partidas suficientes para executar os treitos prioritarios da autovía Ourense-Lugo

Solicitarase que as Contas do Estado para 2021 consignen os cartos necesarios para executar as obras do intercambiador de Guntín, en Lugo, e para o treito San Martiño-Cambeo, na provincia de Ourense

30/10/20 | 11:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
29/10/20 | 20:08 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Educación moderniza o CEIP Xulio Camba de Vilanova de Arousa cun investimento de 860.000€ para a súa rehabilitación enerxética e funcional

A delegada territorial da Xunta en Pontevedra, Luisa Piñeiro, supervisa os traballos, que beneficiarán ás preto de 350 persoas da comunidade educativa

29/10/20 | 20:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reabre de forma permanente ao tráfico a rúa Marcelo Macías en sentido entrada a Ourense

Os traballos de mellora que se están a executar continúan avanzando segundo o previsto e resta actuar en tres cruces de calzada, que só requirirá de cortes puntuais

29/10/20 | 16:49 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita as obras de construción das sendas peonís no concello de Pereiro de Aguiar

O novo representante do Goberno autonómico xunto co alcalde do municipio supervisaron estas actuacións que contan cun investimento de preto de 780.000 euros

29/10/20 | 15:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita o contrato de explotación da estación de autobuses de Vigo por valor de 775.000 euros

As empresas interesadas neste contrato, por un período inicial de 1 ano e prórroga por outro ano máis, poderán presentar as súas ofertas ata o día 25 de novembro

29/10/20 | 13:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora do firme na estrada autonómica AC-440, no concello de Muxía

Esta actuación, cun investimento autonómico de máis de 48.000 euros, conta cun prazo de execución de 1 mes

29/10/20 | 13:49

Medio Ambiente adxudica por case 85.000 euros as obras de mellora de varias rúas no concello de San Cristovo de Cea

As actuacións previstas, cun prazo de execución de tres meses, divídense en cinco zonas do casco antigo do núcleo e virán completar unha intervención anterior na que xa se acondicionara o pavimento dalgunhas zonas para uniformar o conxunto