Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

05/11/20 | 11:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de humanización da estrada PO-323, entre o cruce coa Avenida Mariña Española e o IES Leixa, no concello de Vigo

O contrato foi adxudicado por un importe superior aos 18.000 euros e ten un prazo de execución de 6 meses

04/11/20 | 16:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta destaca a oportunidade dos fondos europeos para avanzar no reforzo de seguridade das estradas e na súa transformación dixital

Francisco Menéndez subliña que a rede viaria é estratéxica para o desenvolvemento económico, polo que a Xunta traballa nas propostas para o vindeiro período de fondos europeos

04/11/20 | 14:54 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta acomete o reforzo do firme na PO-531 entre Pontevedra e Vilagarcía de Arousa para incrementar a seguridade viaria

Estase a realizar un fresado e posterior reposición do firme en tres treitos que suman 2.900 metros ante o seu deterioro e o da plataforma da calzada

04/11/20 | 14:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
04/11/20 | 12:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza o inicio a vindeira semana da execución da primeira fase da conversión en autovía da vía de alta capacidade Nadela-Sarria, na que a Xunta investirá 24,6 millóns de euros

Trátase da primeira autovía autonómica da provincia, libre de peaxe, que comezará polo treito de 11,5 quilómetros entre A Pobra e San Xiao e Sarria centro

03/11/20 | 13:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Luisa Piñeiro supervisa o reforzo do firme da PO-308 en Sanxenxo e Portonovo cun investimento da Xunta de 245.605€

A delegada, acompañada do xefe territorial de Infraestruturas e do alcalde de Sanxenxo, visita a fase final dos traballos en dous treitos de 1.520 metros

03/11/20 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia os traballos de sinalización de rutas ciclistas protexidas nas estradas da provincia de Pontevedra, nos traxectos de Volta ao Val e a ruta do Sol

A sinalización irase colocando nas próximas semanas tamén nos traxectos deportivos das vías autonómicas das provincias de Ourense, de Lugo e da Coruña

03/11/20 | 13:12 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de mellora de firme na estrada OU-212, no concello de Avión, cun investimento de 190.000 euros

O tempo estimado para a execución dos traballos e de cinco días, supeditado ás condicións meteorolóxicas

02/11/20 | 12:25 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de ampliación da rede de saneamento no núcleo da Torre Vella, no Concello de Cerdedo-Cotobade

Este contrato, cun investimento de case 14.000 euros, conta cun prazo de execución de 2 meses

01/11/20 | 12:30 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Un total de 5 empresas presentan ofertas para redactar a Estratexia Loxística de Galicia 2020-2028 e definir as infraestruturas prioritarias para a competitividade do Corredor Atlántico

Este contrato, licitado por un importe de máis de 161.000 euros, conta cun prazo de execución de 2 anos e o obxectivo é iniciar os traballos a comezos do 2021