Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Ethel Vázquez avanza a licitación de dous novos estudos sobre as infraestruturas da Eurorrexión e demanda unha aposta polo Corredor Atlántico equilibrada co Mediterráneo
Destaca que o obxectivo das actuacións licitadas hoxe, que suman un investimento da Xunta de máis de 178.000 euros, é contribuír a reforzar a capacidade loxística e a competitividade económica e empresarial de Galicia e Norte do Portugal
A Xunta somete desde hoxe a información pública un novo treito de 7,5 quilómetros da autovía Santiago-A Estrada, entre A Ramallosa e o Rollo, que suporá un investimento de 48M€
Ethel Vázquez destaca que o anuncio publicado hoxe no DOG unifica a tramitación ambiental, as expropiacións pendentes e a aprobación dos proxectos actualizados
A Xunta adxudica un estudo acústico no treito Goián-A Guarda da vía de altas prestacións do Baixo Miño para avaliar a implantación de medidas correctoras
Os traballos foron adxudicados por un importe de máis de 7.000 euros e prevese telos rematados este mesmo ano
A Xunta adxudica as obras de mellora da seguridade viaria das estradas AC-234 e AC-905, ao seu paso polos concellos de Boimorto e Arzúa
Esta actuación, adxudicada por un importe de case 48.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución dun mes
A Xunta mellora as comunicacións do parque empresarial de Outeiro de Rei cunha achega de 112.300 euros
O delegado territorial, Javier Arias, explicou que se construíron beirarrúas e ampliouse a plataforma das vías para mellorar a seguridade dos peóns e a operatividade do tráfico pesado
A Xunta dota de abastecemento a seis núcleos de poboación de Paradela, logo dun investimento de 355.000 euros
O delegado territorial, Javier Arias, formalizou hoxe a entrega ao concello da nova infraestrutura, que inclúe a rede de distribución e a estación de tratamento da auga
A Xunta adxudica a execución dunha senda peonil na estrada AC-542, entre Carral e Ordes, para mellorar a seguridade dos peregrinos
Esta actuación, adxudicada por un importe de case 48.000 euros, comezará nas vindeiras semanas e terá un prazo de execución de dous meses
A Xunta adxudica a redacción da Estratexia galega de mobilidade para deseñar unha rede coordinada de servizos e infraestruturas sostibles e eficientes que aumente a competitividade territorial
Este contrato, adxudicado por preto de 728.000 euros, conta cun prazo de execución de 2 anos
Ethel Vázquez avanza que as obras de reparación e reforzo da seguridade na ponte de Mondariz estarán rematadas no primeiro trimestre de 2021 logo dun investimento de 1,4 millóns
Vázquez Mourelle sinala que a fin da actuación é corrixir os deterioros observados en xullo no marco do Programa de inspección en pontes e obras de paso da Xunta
O asfaltado das rúas Ramón Baltar e Benéfica de Conxo farán necesaria a regulación do tráfico nesta zona de Santiago entre esta tarde e o venres
Hoxe comezan os traballos nas proximidades do centro de saúde na rúa Ramón Baltar e mañá iniciaranse na rúa Benéfica, desde a rúa Torrente ata a nova glorieta de Televés