Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta licita a restauración das torres medievais de Sandiás e Porqueira por máis de 150.000 euros
Actuarase na Torre do Castro, en Sandiás, e na de Fírbeda ou da Forxa, na Porqueira, ambas declaradas Ben de Interese Cultural coa categoría de monumento
A serie internacional do Xacobeo 2021 '3Caminos' retoma a súa rodaxe tras a parada obrigada pola crise sanitaria
A Xunta subvenciona con 1,5 M€ este proxecto a cargo de Ficción Producciones, que grava en Navarra antes de regresar a Galicia
A Xunta reúnese co sector profesional das orquestras para avaliar a súa situación de cara á tempada estival
O vicepresidente do Goberno galego, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, mantiveron unha videoconferencia con representantes desta industria musical co fin de traballar na planificación post covid-19
O Encontro de Artistas Novos 'Cidade da Cultura' lanza unha nova convocatoria centrada esta vez no talento galego
Serán seleccionados 40 artistas para presentar o seu proxecto coa Ruta Xacobea como eixo nunha estancia de catro días no Gaiás entre o 23 e o 27 de agosto
A Xunta reabre a contratación de espectáculos da Rede Galega de Teatros e Auditorios con novas medidas que facilitan a programación
Permitiralles aos 40 concellos membros levar a cabo funcións e concertos en espazos abertos, en recintos non asociados a este circuíto ou no marco de festivais
A Xunta abre o luns o novo fondo de proxectos culturais Xacobeo 2021 dotado inicialmente con 1,5 millóns de euros
O conselleiro de Cultura e Turismo informou hoxe desta medida prevista no Plan de Reactivación Cultural para incentivar a creación artística na crise sanitaria
Os premios de literatura dramática Álvaro Cunqueiro, Manuel María e Barriga Verde amplían o seu prazo ata o 6 de xullo
A continuación do procedemento publícase hoxe no DOG, que esta semana tamén anunciou os novos períodos de solicitude para as subvencións a creación escénica (ata o 4 de xuño) e a producións e coproducións audiovisuais (ata o 18 de xuño)
A Xunta pon en marcha un servizo de asesoramento a empresas e profesionais culturais sobre medidas e axudas fronte ao COVID-19
Dirixido a profesionais e empresas das industrias culturais e creativas, estará dispoñible en liña e presencialmente na Cidade da Cultura de Galicia
Os directores de Voadora e La Fura dels Baus analizarán na Cidade da Cultura os retos das artes escénicas ante o COVID-19
Será na segunda sesión dos Foros #aculturasegue organizada pola Xunta de Galicia terá lugar este venres ás 18,00 horas e se poderá seguir por videoconferencia en cidadedacultura.gal
O CGAI implica máis de 500 alumnos de 13 centros escolares en actividades de fotografía e cinema durante o confinamento
As propostas realizáronse no marco do programa Cinema en curso, no que participan como titores os cineastas galegos Eloy Domínguez, Xacio Baño, Jaione Camborda, Marcos Flórez e Ángel Santos