Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 500 novas da área temática Xuventude:

18/11/21 | 20:01

Lorenzana destaca en Baiona o apoio da Xunta ao emprendemento xuvenil e anuncia para 2022 a posta en marcha do Plan Emprega Xuventude con 51,8 M€

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, participou hoxe na localidade pontevedresa na gala do XVI Premio Joven Emprendedor y Joven Empresario organizada por Aje Vigo

18/11/21 | 19:03 | C. de Sanidade

Sanidade avoga por deseñar novas estratexias de prevención para frear o crecente consumo de cánnabis entre a poboación moza

O cánnabis é a droga ilegal máis consumida en España e nos restantes países da Unión Europea

05/11/21 | 16:14 | C. de Política Social e Igualdade

María Gar e Andrés Seara gañan o primeiro premio Xuventude Crea 2021 nas categorías de artes plásticas e fotografía

O segundo premio da categoría de artes plásticas foi para Oliver Alfonso Fernández, de Vigo, por We are all alike e o terceiro, compartido, para Alejandro Vázquez Tomé, tamén de Vigo, por Quería mandarte flores e para Alejandro Reiriz Pouseu, por Galicia esperta e herbas ledas de Bueu

02/11/21 | 18:40

Emprego e Igualdade presenta uns orzamentos “expansivos” con 380 M€ que priorizan a inserción laboral das mulleres e a mocidade

As contas da Consellería de Emprego e Igualdade medran un 9,2%, dous puntos porcentuais por enriba da media da Xunta

01/11/21 | 12:02 | C. de Política Social e Igualdade

O vilalbés Brais Lamela e a ourensá Alba Guzmán son os gañadores dos certames de poesía e novela curta do Xuventude Crea 2021

Tamén se premiaron os poemas de Judith Ruso, de Negreira, e o de Navia Rivas, de Santiago

30/10/21 | 19:59 | C. de Política Social e Igualdade

O artista Honey de Baiona gaña o primeiro premio Xuventude Crea 2021 na categoría de graffiti

O segundo premio foi para Ares, de Tui, por ‘As dúas en punto’ e o terceiro para Seek, de Baiona, por ‘Galaxia animal’

30/10/21 | 12:09 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta anima a todos os mozos e maiores do rural a implicarse na dinamización dos seus concellos

Xuventude Activa Lousame 2020 e Voluntariado Sénior Lousame 2021 son os dous proxectos que se están a levar a cabo no municipio e que buscan fomentar a participación de toda a poboación

29/10/21 | 14:21 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social impulsa o coñecemento do dron no rural a través do programa ‘Agrodron’ ao abeiro de Iniciativa Xove

Este proxecto pon en marcha obradoiros que axudan na obtención da licenza de piloto, para familiarizar na construción de drons e para aplicalos á empresa rural

28/10/21 | 18:44 | C. de Política Social e Igualdade

Politica Social creará nos vindeiros meses 315 prazas en residencias públicas de maiores e 280 de atención á discapacidade

O Proxecto de orzamentos da Xunta contemplan un investimento en Política Social de 927,4 millóns de euros, o dobre que en 2009