Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta inicia o proceso para adxudicar en alugueiro tres vivendas de promoción pública nas Pontes
O DOG publica hoxe a resolución pola que dá comezo o proceso selectivo dos futuros adxudicatarios destes inmobles, dispoñibles de novo tras quedar vacantes
A Xunta analiza cos administradores de fincas e os axentes inmobiliarios o impacto da futura lei estatal de vivenda no mercado do alugueiro
O Instituto Galego da Vivenda e Solo e ambos colectivos comprométense a aplicación de novas medidas para mobilizar inmobles que estean actualmente baleiros
Ángeles Vázquez salienta o compromiso dos concellos coa protección da paisaxe ao esgotar as axudas para corrixir impactos en equipamentos municipais
Máis de 60 entidades locais beneficiaranse desta liña de subvencións, pioneira en Galicia e que se suma á convocada no mes de abril para propietarios particulares
A Xunta colaborará coas empresas do sector para afondar na rehabilitación de vivendas
Heriberto García traslada información sobre as diferentes liñas de axudas para a recuperación de inmobles que impulsa o Goberno galego
A Xunta recibe 67 solicitudes de axudas para rehabilitar ou construír vivendas na ARI da Ribeira Sacra
Ata o momento, o Instituto Galego da Vivenda e Solo xa concedeu 24 subvencións ao abeiro da convocatoria deste ano, que se pechou o pasado 30 de setembro
A conselleira enmarca estes incentivos na aposta da Xunta pola recuperación do patrimonio xa construído e do potencial como lugar para vivir dun territorio que acaba de ser recoñecido pola Unesco como a sétima reserva da biosfera de Galicia
O IGVS salienta que todas as medidas contra a exclusión residencial do pacto social pola vivenda están xa en execución
As convocatorias destas axudas para o ano 2021 suman preto de 8 millóns de euros
A Xunta xestionará máis de 100 M€ dos fondos europeos de vivenda e sinala a importancia de axustar porcentaxes e importes para xerar demanda
Ángeles Vázquez lembra que a Consellería trasladou ao Goberno central unha serie de alegacións ao Real Decreto polo que se regulan os programas, á fin de que se adapten ás necesidades de Galicia e do actual mercado da vivenda
A Xunta financia a conversión do antigo centro médico de Carballedo en catro vivendas de protección autonómica cunha achega de 192.000€
O delegado territorial, Luis López, acompañado do alcalde Jorge Cubela e doutros representantes institucionais, preside o acto de inauguración desta actuación, que permitíu rehabilitar un edificio con máis dun século de antigüidade
A Xunta financiará este ano 14 actuacións municipais de rehabilitación grazas ao fondo de cooperación do IGVS e lembra que a convocatoria segue aberta
O Instituto Galego da Vivenda e Solo impulsou en 2017 este instrumento de colaboración, concibido para apoiar aos concellos de menos de 50.000 habitantes na realización de obras de restauración e conservación do seu patrimonio
A Xunta informa aos concellos sobre o funcionamento da plataforma de acceso telemático aos documentos que requiren de visado do Colexio de Arquitectos
O servizo de interoperabilidade é o resultado do convenio asinado en 2020 entre a Xunta e o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia