Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Transporte:

22/04/22 | 12:32

Galicia alerta de que o estado pon en risco o futuro de empresas do mar e doutras edificacións asentadas nos portos autonómicos ao interferir nas competencias exclusivas da comunidade

A Xunta e o sector mostran a súa preocupación ante o informe emitido polo Goberno central sobre o plan especial de Cambados pois cuestiona a presenza en terreos portuarios de actividades tradicionalmente permitidas como a acuicultura e a depuración de produtos do mar

21/04/22 | 12:35 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Policía Autonómica incauta preto de 10 quilos de percebe extraído ilegalmente no faro de Corrubedo

Os axentes localizaron nas proximidades do faro a un varón extraendo percebe das rochas, malia estar prohibida a súa extraccións

20/04/22 | 19:18

Galicia defende a necesidade de aplicar coeficientes redutores para a xubilación das mulleres do mar e adecualos ás circunstancias actuais do sector

Este reaxuste viría compensar a dureza do día a día de mariscadoras e redeiras e eliminaría a diferenza que existe actualmente entre sectores do mar historicamente feminizados con respecto a aqueles nos que a maioría é masculina

20/04/22 | 13:09

A Xunta destaca o compromiso medioambiental do palangre de fondo de Burela ao ser a primeira frota de altura que acada a ecoetiqueta Pescaenverde

Os buques de palangre de fondo da Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela poden empregar este distintivo para certificar a pesca responsable no proceso de comercialización da pescada do pincho

19/04/22 | 11:41

Galicia pide ao Goberno central que axilice as xestións para que o sector marítimo-pesqueiro poida acceder pronto aos apoios de emerxencia con fondos europeos

      Silvia Cortiñas defende a necesidade de que o Estado adapte con rapidez o programa operativo español do Fondo Europeo Marítimo de Pesca e Acuicultura para recibir os recursos previstos ao abeiro do artigo 26 para facer fronte ao encarecemento dos combustibles e das materias primas, acentuado coa guerra en Ucraína

18/04/22 | 10:42 | C. do Medio Rural

A Xunta promocionará os produtos do agro e do mar con selo de calidade na XXXV edición da feira Gourmets de Madrid

O conselleiro do Medio Rural participará o próximo luns 25 de abril na inauguración do evento, onde 29 empresas do agro da comunidade compartirán espazo de exposición co Goberno galego

16/04/22 | 12:35

A Xunta apoia ás federacións de confrarías de pescadores para impulsar o seu funcionamento

A Consellería do Mar asina un ano máis convenios de colaboración coa Federación Galega de Confrarías de Pescadores e as federacións provinciais da Coruña, Pontevedra e Lugo

14/04/22 | 16:17

A Xunta censura os plans do Estado de trasladar a sede do Instituto Oceanográfico a dúas comunidades descartando Galicia malia o seu peso neste eido

O Executivo galego lamenta os bandazos dados pola Administración central na descentralización do organismo e rexeita o seu desmantelamento ao tempo que propón a posibilidade de cedelo á comunidade para manter a súa integridade

13/04/22 | 15:15 | A Presidencia da Xunta