Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 235 novas da área temática Portos:

12/05/20 | 20:07 | A Presidencia da Xunta

Feijóo constata o labor fundamental dos profesionais do mar no abastecemento de alimentos de calidade á cidadanía durante a crise do coronavirus

Os profesionais do sector fixeron un importante esforzo para manter o nivel de actividade coa estrita aplicación das medidas de prevención ditadas polas autoridades sanitarias ante a alerta da COVID-19

10/05/20 | 12:17

Portos de Galicia regula o acceso dos armadores de embarcacións recreativas ás instalacións náuticas

O ente dependente da Consellería do Mar ten dispoñible na súa páxina web a instrución que recolle as condicións para acceder aos barcos para tarefas de vixilancia, seguridade ou navegación individual autorizada

02/05/20 | 09:50

Portos de Galicia mantén adiada a emisión de taxas ata dous meses despois da finalización do estado de alarma

O ente público flexibilizou os prazos de liquidación desde o inicio da crise sanitaria para aliviar a situación económica dos seus usuarios e favorecer que teñan liquidez

20/04/20 | 17:27

Portos de Galicia lembra que a dragaxe de Viveiro estase a executar con absoluta normalidade e todas as garantías ambientais

Os puntos de depósito son os autorizados por Costas do Estado ao igual que en todas as obras de dragaxe e o depósito da area de maior calidade na praia de Covas foi autorizado polo Servizo Provincial de Costas de Lugo para axudar á súa rexeneración

20/04/20 | 12:17
17/04/20 | 11:55

Portos de Galicia finaliza as obras de emerxencia na lonxa de Camariñas para reparar os danos causados polo temporal

A actuación do ente dependente da Consellería do Mar contou cun investimento de máis de 110.000 euros e permitiu reparar a totalidade da cuberta do inmoble e os elementos para a súa sustentación

16/04/20 | 11:13

Portos de Galicia hixieniza os edificios das lonxas con maior actividade como medida de prevención ante o COVID-19

O ente público procede ao baldeo exterior con lixivia diluída das instalacións de Portonovo, Campelo, Aldán, Cangas, Meira, Cesantes, Arcade, Baiona e A Guarda

14/04/20 | 14:13

Portos de Galicia iniciará de xeito inminente os traballos de dragaxe dos peiraos de Viveiro

A actuación prevé a recuperación de calado na canle de acceso e nos peiraos pesqueiro e deportivo e conta cun orzamento dun millón de euros

14/04/20 | 10:47

Portos de Galicia hixieniza os edificios das lonxas con maior actividade como medida de prevención ante o COVID-19

O ente público procederá hoxe ao baldeo exterior con lixivia diluída das instalacións de Carril, Vilaxoán, Vilanova e O Xufre