Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 539 novas da área temática Industria:

23/03/22 | 20:31 | C. de Economía e Industria; A Presidencia da Xunta

Feijóo pide velar pola fortaleza da automoción galega con baixadas de impostos nos hidrocarburos e con medidas para actuar ante o desabastecemento industrial

Demanda diálogo para que se desenquiste canto antes o paro do transporte e a axilización dos fondos de recuperación Next Generation

23/03/22 | 14:11 | C. de Economía e Industria

Conde asegura que a industria electrointensiva non pode esperar máis por un prezo eléctrico que garanta a viabilidade de empresas como Alu Ibérica

Destaca que o Goberno segue sen poñer sobre a mesa un marco enerxético competitivo que permita que se poida seguir producindo aluminio primario en España

22/03/22 | 15:18 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; C. de Economía e Industria

Fernández-Tapias sitúa ao naval vigués como panca da recuperación económica e exixe que se teña en conta o seu peso no reparto dos fondos europeos Next Generation

A delegada territorial visitou hoxe as instalacións da empresa viguesa Rodman Polyships en Meira e coñeceu o traballo que a diario desenvolven unhas 160 persoas

19/03/22 | 16:31 | C. de Economía e Industria

Conde subliña que a misión comercial a Colombia permite a Galicia afianzar a internacionalización da súa economía con acordos de colaboración no naval, tic e aeroespacial

Resalta que foi unha viaxe na que se puido constatar que o interese por estreitar lazos de colaboración entre Galicia e Colombia é recíproco, tanto a nivel económico como cultural

18/03/22 | 10:47 | A Presidencia da Xunta

A Xunta anuncia a próxima adxudicación de 102.000 m2 de solo na Plisan, a maior superficie asignada ata o momento

Feijóo reuniuse co director xeral e outros dous representantes da firma Lonza Biologics Porriño S.L.

14/03/22 | 12:46 | C. de Economía e Industria

Conde reunirase co presidente de Colombia nunha misión comercial que inicia mañá ao país cunha delegación formada por medio cento de empresas e clústeres galegos

Trátase dunha viaxe que se enmarca no labor de acompañamento que a Xunta de Galicia está a facer ao tecido empresarial galego para impulsar a súa internacionalización

13/03/22 | 11:05

Galicia enxalza a calidade dos produtos do mar no mercado americano coa súa participación na feira Seafood de Boston

A Xunta participa neste certame cun posto institucional de 180 metros cadrados que acolle a 11 empresas coexpositoras do complexo mar-industria galego

12/03/22 | 10:55 | C. de Economía e Industria

A Xunta avalía co concello de Aranga medidas para o impulso da actividade industrial

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, mantivo un encontro co alcalde, Alberto Platas, no que coincidiron sobre a importancia de impulsar o solo empresarial

11/03/22 | 13:11

A Xunta anuncia unha ampliación do parque empresarial da Sionlla para sumar ao redor de 400.000 m2

Nestes momentos quedan 35 parcelas dispoñibles, que o Goberno galego oferta no marco do concurso de solo industrial convocado a finais do mes de febreiro