Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
O 061 de Galicia asistiu 63 persoas por 50 accidentes de circulación durante a fin de semana
Desde as 15,00 horas do venres, 25 de febreiro ata as 23,59 horas do domingo, 27 de febreiro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 70 chamadas por accidentes de tráfico
A Xunta promove a autoprotección mediante un xogo en liña destinado a alumnos de educación secundaria
Trátase dunha oferta lúdico-didáctica promovida pola Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA), que chegará aos centros educativos de forma telemática, e cuxo obxectivo é formar e sensibilizar a mocidade sobre a importancia da prevención
A Xunta leva investidos case 15 M€ no funcionamento e equipamento das agrupacións de voluntarios de Protección Civil da Comunidade
O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, visitou hoxe a Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Bergondo
A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro en todo o litoral galego
Agárdase mar combinada do noroeste con ondas de ata 7 metros
A Xunta reforza o equipamento do GES da Veiga coa entrega dun equipo de excarceración
O Goberno galego xa dotou nos últimos meses a este grupo dun camión autobomba rural pesada e reafirma o seu compromiso no ámbito das emerxencias con case 20M€ investidos nos últimos anos en material cedido aos GES e aos servizos de Protección Civil da comunidade
A Xunta activa unha alerta laranxa por temporal costeiro no litoral de Lugo e A Coruña
Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con enlaces de interese.
A Xunta amplía a todo o litoral galego a alerta laranxa por temporal costeiro
Mantense vixente o nivel de aviso laranxa por mar combinada do noroeste con ondas de ata 6 metros na costa coruñesa e na Mariña lucense e esténdese tamén ao litoral de Pontevedra
A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro nas provincias da Coruña e Lugo
Agárdase mar combinada do noroeste con ondas ata 6 metros na costa coruñesa e na Mariña lucense
A Xunta activa para mañá unha alerta laranxa por temporal costeiro na provincia da Coruña
Agárdase vento do suroeste forza 8 no noroeste e oeste da costa coruñesa
Luis López garante o “máximo apoio” da Xunta a Protección Civil de Vila de Cruces para a súa atención cidadá
O delegado territorial en Pontevedra visitou a sede da agrupación para coñecer o seu funcionamento e necesidades e mantén un encontro con algúns dos seus 20 integrantes, aos que agradeceu o seu “traballo altruísta e desinteresado a prol da sociedade”