Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Conservación da natureza:

10/02/21 | 12:06

Medio Ambiente convoca axudas de ata 20.000 euros para que os concellos redacten plans de acción fronte ao cambio climático

Por segundo ano consecutivo a Xunta convoca esta orde de subvencións, dotada con case 600.000 euros, para apoiar aos municipios e entidades supramunicipais na elaboración dos seus Plans de Acción para o Clima e a Enerxía Sustentable

09/02/21 | 17:27

Galicia, xunto coas Comunidades do norte, solicita o aprazamento do grupo de traballo do lobo ata aclarar as dúbidas sobre o acordo adoptado na última Comisión Estatal

As comunidades autónomas veñen de ser convocadas a unha reunión técnica que se prevé celebrar mañá, 10 de febreiro, co obxectivo de avanzar no procedemento administrativo desta iniciativa impulsada polo Ministerio para a Transición Ecolóxica

01/02/21 | 12:16

Medio Ambiente destaca o interese dos cidadáns pola liña de axudas de eficiencia enerxética que só no primeiro mes de convocatoria recibiu máis de 500 solicitudes

Ángeles Vázquez recorda que o seu departamento xestiona por primeira vez este programa que conta cun orzamento global de 17 millóns de euros, dos cales 8,5 son para o presente ano

26/01/21 | 13:37

Medio Ambiente asesorará ao concello de San Cibrao durante o proceso para declarar Espazo Natural de Interese Local a zona da Bouteira

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda mantivo unha reunión por videoconferencia con Manuel Pedro Fernández Moreiras, ao que lle recordou que esta figura ten por obxecto garantir a conservación, uso sostible, mellora e restauración do patrimonio natural e da biodiversidade galega

20/01/21 | 15:02

O lobo mariño rescatado en Valdoviño embarca mañá desde Vigo para ser liberado en alta mar tras completar a súa recuperación

‘Rube’ foi localizado a mediados de novembro na ría de Cedeira con síntomas de desnutrición e varias feridas tras quedar atrapado nas redes dun barco

12/01/21 | 13:07

Medio Ambiente reúne o patrimonio natural da Ribeira Sacra nunha guía de árbores e formacións singulares desta contorna

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presentou esta publicación que ten por fío condutor as 16 árbores e formacións senlleiras que definen seis rutas para coñecer o patrimonio natural e etnográfico que sae ao camiño

12/01/21 | 11:37

Medio Ambiente convoca as axudas para prever os ataques da fauna silvestre en 2021, que inclúen por primeira vez medidas ante o oso

A orde de subvencións saíu publicada hoxe no Diario Oficial de Galicia e os interesados terán un mes, desde mañá, para poder presentar as súas solicitudes

12/01/21 | 11:33 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Laracha conta cun novo punto limpo móbil grazas a unha achega da Xunta de máis de 58.000€

Trenor destacou que o Goberno galego financiou 7 proxectos de mellora da xestión de residuos nos municipios de Bergantiños-Costa da Morte cunha achega de máis de 244.000 euros

11/01/21 | 11:14

As axudas para compensar os danos causados polo xabaril e o lobo en cultivos e gando poderán solicitarse a partir de mañá

O Diario Oficial de Galicia acaba de publicar as ordes polas que se convocan ambas liñas de subvencións, dotadas en total de máis de dous millóns de euros e coas que se estima que se poderán outorgar unhas 2.300 subvencións

05/01/21 | 13:41 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Augas de Galicia trasládalle ao Ministerio para a Transición Ecolóxica que os desmantelamentos na central térmica das Pontes poden causar impactos significativos nos ríos da contorna

A Xunta vén de emitir un informe que detalla a afección do proxecto ás zonas de servidume e policía de varias canles na área da actuación