Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

23/11/20 | 18:58 | C. do Medio Rural

Luisa Piñeiro realiza unha visita institucional a Rodeiro e coñece o proxecto de solicitude dun Plan de Infraestruturas Rurais para Vistuíde

A delegada territorial recolleu as demandas sociais, de depuración e saneamento, vivenda e novas tecnoloxías nunha reunión co alcalde, Luis López

23/11/20 | 18:11 | C. de Sanidade

A Xunta investirá 2,4 millóns de euros no Hospital Comarcal de Valdeorras

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, anunciou esta mañá na súa visita ao hospital valdeorrés a próxima licitación da obra de reforma da área de Cirurxía maior ambulatoria, Farmacia e Hospital de Día cun presuposto de 1,4 millóns de euros

23/11/20 | 14:42 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que os Orzamentos da Xunta destinan máis de 73 millóns de euros a un transporte público máis útil e social que levará os beneficios do metropolitano a toda Galicia

Os estudantes que vaian aos campus universitarios da Coruña e Ferrol desde concellos adheridos ao Plan de Transporte Metropolitano beneficiaranse de descontos adicionais nos billetes

23/11/20 | 14:09 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a encomenda á empresa pública Tragsa das obras de mellora da accesibilidade no coto de Xallas-Beba, no concello de Mazaricos

As obras executaranse nas parroquias de Colúns e Corzón, suporán un investimento da Xunta de case 100.000 euros e terán un prazo de execución de 1,5 meses

23/11/20 | 13:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do proxecto de execución dunha senda peonil na estrada AC-424 ao seu paso polo Couto, no concello de Ponteceso

Esta actuación dispón dun investimento de máis de 320.000 euros e un prazo de execución de 3 meses

22/11/20 | 13:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os veciños de Sobrado e os peregrinos xa se benefician da mellora executada pola Xunta na estrada AC-934 que reforza a seguridade e facilita a mobilidade na contorna

A Xunta achegou un investimento de máis de 1,6 M€ ao acondicionamento dun tramo de 4,5 km da vía entre o límite coa provincia de Lugo e o cruce de Abeleiras

22/11/20 | 13:14 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A execución da fase final da senda peonil entre Alba e San Caetano, en Pontevedra, fará necesario o corte total de tráfico neste treito da estrada PO-225 desde mañá ata o martes día 30

Co obxectivo de rematar esta actuación antes de fin de ano, a vindeira semana levaranse a cabo o formigonado da vía na zona da ponte e a colocación da pasarela

21/11/20 | 13:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez salienta que os orzamentos da Xunta para 2021 recollen un investimento de case 5,5 millóns de euros na VAP da Costa Norte e nas actuacións viarias complementarias

Destaca o compromiso coa mellora das comunicacións de Ferrolterra e Ortegal a través do impulso da vía de altas prestacións, cunha achega total de 65 M€ para os vindeiros anos e o inicio inmediato das obras da 1ª fase da mellora da AC-862

21/11/20 | 13:31 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avanza que os orzamentos da Xunta para 2021 recollen un investimento de case 20 M€ no novo Hospital Público da Coruña e un compromiso total de gasto de máis de 418 millóns

Destaca que o Goberno galego eleva o seu compromiso co “Novo CHUAC” ao máximo rango normativo, plasmándoo no proxecto de Lei de Orzamentos

21/11/20 | 13:27 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor supervisa o remate das obras de mellora do firme na estrada AC-550, entre Padín e Deán Pequeno, no concello de Ribeira

Estas actuacións, contaron cun orzamento de case 50.000 euros, e tiveron un prazo de execución dun mes