Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

04/12/20 | 11:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asina a acta de replanteo para a ampliación da avenida da Deputación de Arteixo e coordina co concello e cos empresarios de Sabón o inicio das obras despois do Nadal

Vázquez Mourelle precisa que durante a execución dos traballos se manterá sempre un carril útil para a circulación en cada sentido coa fin de minimizar afeccións, non afectando a plataforma completa e dando unha alternativa aos tráficos

03/12/20 | 15:12 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

Marta Fernández-Tapias cifra en máis de 2,3 millóns de euros as obras en execución nos centros escolares da cidade de Vigo

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo achegouse ata o CEIP Santa Mariña para supervisar o cambio da cuberta no que se investiron 112.518 euros

03/12/20 | 14:37 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta finaliza a mellora da estrada LU-933 entre o núcleo urbano de Monforte de Lemos e Chavaga, á que destinou 336.000 euros

O delegado territorial, Javier Arias, comprobou as obras de reforzo do firme en 6,7 quilómetros da vía e subliñou que a actuación “reforza a seguridade viaria e facilita a mobilidade da veciñanza desta contorna”

03/12/20 | 12:37 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta entrega ao concello de Poio unha marquesiña para instalar na estrada PO-308 ao seu paso por Fonte Maior, en Raxó

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade cumpre así o compromiso adquirido coa asociación veciñal A Laxe, que solicitara un refuxio para este punto

03/12/20 | 12:06 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
03/12/20 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

O DOG publica a relación de entidades beneficiarias das axudas para o desenvolvemento de proxectos de mellora da calidade da auga das traídas veciñais, cun investimento de 550.000 euros

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade vén de conceder nesta primeira convocatoria 54 axudas, dirixidas á mellora dos sistemas de abastecemento xestionados por comunidades de usuarios

02/12/20 | 17:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Marta Fernández-Tapias supervisa os traballos de sinalización da ruta ciclista protexida no traxecto de Volta ao Val

A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo informou que esta actuación, que abrangue preto de 82 quilómetros, responde ao interese do Goberno galego en “aumentar a seguridade nas rutas habituais dos ciclistas deportivos”

02/12/20 | 15:59 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
02/12/20 | 15:23 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica por 17 M€ a execución das obras da vía de alta prestacións Tui-A Guarda, entre a A-55 e o enlace de Areas

As obras nesta infraestrutura, que permiten avanzar na nova autovía autonómica AG-42, empezarán despois das festas do Nadal

02/12/20 | 13:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez avánzalle ao sector da construción a licitación en decembro de obras públicas por máis de 152 M€ co obxectivo de dinamizar a economía e crear máis de 2.800 empregos

Vázquez Mourelle subliña que a Xunta foi practicamente a única Administración que aumentou a licitación este ano en Galicia, segundo o informe da Federación da Construción