Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2383 novas da área temática Cultura:

22/07/20 | 17:37

A Xunta colabora coa segunda edición do Compostela TradFest que se celebra o día 26 coa música de raíz como protagonista

O parque de Bonaval, a praza da Quintana e as rúas de Santiago acollerán unha vintena de concertos, bailes, ruadas e cursos, ademais dunha mostra de instrumentos musicais e unha feira de libros e discos

22/07/20 | 14:29

A Xunta convoca os Premios da Cultura Galega 2020

Os galardóns apoian a excelencia creativa nos campos das Letras, as Artes Plásticas, as Artes Escénicas, a Música, o Audiovisual, a Lingua, o Patrimonio Cultural e a Proxección Exterior

22/07/20 | 14:02

A Xunta e "la Caixa" exhiben no Gaiás 'Cinema e emocións', unha viaxe á infancia a través de fondos da Cinémathèque française

Poderanse contemplar máis de 230 pezas que van desde proxeccións e imaxes de rodaxe, a carteis ou obxectos como a vasoira de Harry Potter ou un King Kong xigante

22/07/20 | 13:44

Responsables das principais axencias de viaxe españolas comezan hoxe unha visita a Galicia para impulsar o destino

No marco do Plan de Reactivación do sector turístico, a Xunta e Agavi promoven esta viaxe para que deseñen paquetes turísticos asociados á enogastronomía

22/07/20 | 11:52

A Xunta adxudica por preto de 200.000€ as obras de restauración na igrexa de San Bartolomeu de Berrande en Vilardevós

As actuacións teñen como principal obxectivo reducir humidades e problemas de entrada de auga e contarán cun prazo de execución de cinco meses

21/07/20 | 15:21

Presentado o proxecto 'El Camino de la Plata' que une desde hoxe a Galicia, Andalucía, Estremadura e Castela e León

A iniciativa inclúe unha web que pretende converterse na referencia dos peregrinos interesados en realizar o Camiño a través deste itinerario

20/07/20 | 20:09

Andalucía, Castela e León, Estremadura e Galicia asinan un protocolo de colaboración para impulsar a Vía da Prata

O conselleiro de Cultura e Turismo en funcións, Román Rodríguez, reuniuse en Cáceres cos responsables de Cultura das comunidades polas que pasa este trazado

20/07/20 | 14:58

A Xunta subvenciona 67 iniciativas de distribución e proxección exterior da escena e a música de Galicia

Hoxe publícase na web da Agadic a adxudicación das axudas ás actividades de distribución para as industrias culturais, que atende a totalidade das solicitudes

20/07/20 | 14:56

Anxo M. Lorenzo destaca o Festival Bal y Gay como reclamo cultural e turístico dos concellos da Mariña

O director xeral de Políticas Culturais da Xunta participou na presentación deste evento, que se celebrará en sete concellos da comarca do 12 ao 24 de agosto

20/07/20 | 14:07

A Xunta impulsa a programación de actividades de dinamización da lectura en 227 bibliotecas públicas de 180 concellos

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución das axudas polas que o Goberno autonómico inviste case 200.000 euros para o desenvolvemento do programa ‘Ler conta moito 2020’