Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta culmina a modernización do transporte público de Ferrol e Betanzos o día 23 coa posta en marcha de 97 liñas que melloran os servizos e garanten o emprego a 71 condutores e acompañantes
Das novas liñas, que suporán un investimento da Xunta de máis de 840.000 euros anuais, 46 serán de autobús compartido e 40 baixo demanda, mellorando a cobertura de servizos destas áreas e na dos municipios de Ortigueira e Mañón
A Xunta licita as obras dunha nova senda peonil e ciclista na estrada PO-411 en Parderrubias, no Concello de Salceda de Caselas, cun investimento de máis de 876.000 euros
As empresas interesadas poderán presentar as súas ofertas ata o 25 de xaneiro
A Xunta remata a rehabilitación da casa do legoeiro do Outo do Cumial e pon en valor esta contorna da Vía da Prata, ao carón da estrada autonómica OU-105, no concello de Ourense
A actuación supuxo un investimento autonómico de preto de 48.000 euros
A Xunta licita por 9 millóns de euros as obras do centro integral de saúde de Lalín, que empezarán a executarse en primavera e levarán aparellados máis de 170 empregos
As empresas interesadas dispoñen de prazo ata o vindeiro 13 de xaneiro para presentar as súas ofertas, logo de que o anuncio previo de licitación permitise acurtar o procedemento de tramitación das obras
O conselleiro de Educación anuncia a apertura do novo CEIP de Vilalonga (Sanxenxo) para o vindeiro curso 2021/2022
As obras evolucionan de xeito favorable, malia a demora derivada da pandemia
Trenor destaca que a nova senda peonil e ciclista na AC-116 permite que os veciños dispoñan dun itinerario continuo de 5,5 quilómetros ao longo desta estrada no municipio de Valdoviño
Habilitáronse 2,8 km de sendas na marxe dereita desta estrada, entre Riobó e Meirás, que supuxo un investimento superior aos 800.000 euros
A Xunta porá en servizo o vindeiro día 23 os 5 novos contratos que completan a renovación integral do transporte público na provincia de Lugo
Os servizos previstos nestes contratos conectarán Begonte e Guitiriz, Riotorto e A Pontenova, Pantón e O Saviñao; ademais de Lugo con Santiago e con Ferrol e A Coruña
A Xunta asina un convenio co concello de Gondomar polo que Augas de Galicia continuará a facerse cargo da explotación da depuradora municipal
O Concello de Gondomar renunciou a facerse cargo das instalacións, que son de titularidade municipal, ao igual que a competencia en depuración
A Xunta remata a execución da nova cuneta de seguridade na autovía AG-64 ao seu paso polo concello das Pontes
A intervención supuxo un investimento de máis de 583.000 euros e centrouse no treito comprendido entre os puntos quilométricos 35+300 e 36+700, mellorando o entorno, a situación ambiental e a seguridade viaria
A Xunta licita as obras da senda entre Bagüín e Seixo e remata o itinerario entre Coirados e Pardavila, en Marín, cun investimento total de case 1,4 M€
Ethel Vázquez avanza que o itinerario licitado hoxe, por case 675.000 euros, se iniciará no 2º trimestre de 2021 e rematará entre finais de ano e principios de 2022