Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 873 novas da área temática Xacobeo:

29/04/22 | 15:30

Galicia defende o máximo aproveitamento dos fondos europeos para impulsar a economía azul e a competitividade das zonas costeiras

A comunidade busca ser referente internacional na creación de novas oportunidades para o sector marítimo-pesqueiro e a economía azul no ámbito europeo

29/04/22 | 12:29

Galicia advirte a Bruxelas de que as propostas para limitar a pesca de fondo ameazan máis do 20% dos barcos e un terzo dos empregos da frota artesanal

O documento acredita que as posibles restricións a esta frota afectarían a preto de 900 embarcacións de artes menores e 2.100 profesionais que capturan ao ano máis de 21.000 toneladas de produtos do mar e facturan arredor de 120 millóns de euros

28/04/22 | 19:39 | A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca a fortaleza da cadea mar-industria reflectida na súa aposta estratéxica pola innovación e a internacionalización

“Estamos a falar dun sector industrial que exporta máis ca nunca, superando, a pesar da pandemia, a barreira dos máis de 2.400 millóns de euros en exportacións”, lembra

27/04/22 | 18:37

Galicia urxe a rescatar o Instituto Español de Oceanografía da dramática situación económica na que se atopa pola nefasta xestión do Goberno central

A Xunta lembra que leva máis de tres anos alertando da necesidade de protexer o labor deste organismo saneando as súas contas pois é un ente estratéxico para a investigación mariña e a defensa dos intereses da frota galega en Europa

27/04/22 | 13:45

Preto de 6.000 escolares galegos coñeceron o pasado ano os beneficios de consumir produtos do mar a través da iniciativa ‘Ti si que es un bo peixe’

Esta acción, dirixida a nenas e nenos de entre 3 e 14 anos, pretende difundir de xeito ameno coñecementos sobre as distintas especies de peixes e mariscos e as súas propiedades nutricionais

27/04/22 | 13:44 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta pola modernización tecnolóxica do sector marisqueiro da ría de Pontevedra coa implantación da plataforma 'Xesmar' en Campelo

O delegado territorial, Luis López, supervisou esta mañá nesta lonxa do Concello de Poio o funcionamento desta aplicación informática, que facilita o traballo de xestión dos usuarios das confrarías de Raxó, Lourizán e Pontevedra

26/04/22 | 13:29

A Xunta aposta polas accións de promoción para impulsar o incremento dos prezos dos produtos do mar

A Consellería do Mar difunde na feira madrileña Gourmets a calidade dos peixes e mariscos coa campaña GALICIA SABE AMAR e alberga a 18 empresas e entidades da cadea mar-industria no posto co que participa neste evento

25/04/22 | 15:04

A Xunta pide ao Goberno central que cumpra os seus compromisos co sector e axilice a tramitación das compensacións pola dragaxe da ría do Burgo

O Executivo galego lembra que xa hai máis de dous meses que a Administración estatal recoñeceu a súa obriga de afrontar eses pagos e prometeu buscar a fórmula máis axeitada de tramitalos  

24/04/22 | 10:17

A Xunta inviste máis de 250.000 euros na construción da nova lonxa de Canido coa previsión de que entre en servizo no segundo semestre deste ano

O novo edificio pretende dar resposta ás necesidades operativas da confraría viguesa e complementa a zona de poxa cun pequeno espazo para usos complementarios