Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 344 novas da área temática Transporte:

11/06/21 | 14:52 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca que máis de 1.100 mozos do Salnés viaxan gratis por toda Galicia coa Tarxeta Xente Nova que lles permite aforros de ata 1.500 euros ao ano

Vázquez Mourelle subliña que con este dispositivo todos os menores de 21 anos teñen dereito a realizar ata 60 viaxes ao mes de balde nas máis de 3.100 liñas de autobús renovadas que xestiona a Xunta

08/06/21 | 13:53 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remite ao Concello e a Adif unha proposta de convenio para axilizar a tramitación da intermodal da Coruña e facilitar o investimento de 17,5 M€ na nova terminal de autobuses

Vázquez Mourelle adianta que a proposta simplifica a tramitación pendente, ao xuntar nun único acordo a construción da estación de autobuses e o proxecto de elementos comúns, que se encargaría de executar a Administración autonómica

27/05/21 | 21:30 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes; A Presidencia da Xunta

Feijóo subliña que o compromiso de Portugal co AVE Vigo-Porto é un importante acicate para que o Goberno de España priorice unha infraestrutura estratéxica para ambos países

Sobre os fondos europeos Next Generation refírese ao proxecto relacionado coa automoción que ten presentado a candidatura galega, ademais de avaliar as sinerxías que neste eido poden desenvolver Galicia e o norte de Portugal

27/05/21 | 15:05 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta lamenta que o Goberno de España ignore as necesidades do rural na asignación de fondos europeos para proxectos de mobilidade sostible

Coa información trasladada polo Ministerio de Transportes, a Galicia correspóndelle xestionar o 6,25% dos fondos destinados ás comunidades autónomas

25/05/21 | 14:39 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez solicita a máxima axilidade administrativa para incorporar A Coruña ao mapa da intermodalidade e facilitar que a Xunta invista case 17,5 M€ na nova estación de autobuses

Vázquez Mourelle lembra que quedan trámites pendentes para poder contratar as obras e solicítalle ao Goberno de España máis rapidez na tramitación para evitar aumentar o retraso acumulado

24/05/21 | 11:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reforzará desde o sábado o transporte público entre a Coruña e Oleiros para mellorar o servizo ao polígono de Iñás e ao IES Miraflores

O novo itinerario mantén as paradas das liñas actuais desde Entrexardíns ao núcleo de Oleiros e engade un desvío á área comercial de Iñás con 12 novas paradas para rematar no IES Miraflores

22/05/21 | 15:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo subliña que a estación intermodal de Santiago, a primeira posta en funcionamento en Galicia, optimiza o acceso dos cidadáns ao transporte público e reforza o atractivo da capital

Pon en valor este proxecto é froito “dunha colaboración institucional intelixente e exixente” entre a Xunta de Galicia, o ADIF e o Concello de Santiago

21/05/21 | 19:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas; A Presidencia da Xunta

Feijóo destaca que a extensión da tarxeta Xente Nova a toda Galicia permitirá desde hoxe 60 viaxes gratuítas ao mes aos menores de 21 anos e completa a aposta da Xunta polo transporte público

Precisa a modo de exemplo que, con esta iniciativa, a familia dun rapaz de Noia que acuda todos os días a estudar a Santiago aforrará 1.200 euros no transporte público, correspondente aos nove meses de período lectivo

21/05/21 | 14:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
20/05/21 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas