Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 235 novas da área temática Portos:

29/08/20 | 11:53

Portos de Galicia compromete o seu apoio á iniciativa Slowlight por unha iluminación pública sostible

O ente dependente da Consellería do Mar ratifica as propostas do manifesto xurdido co gallo do Día da Luz e baseado no uso racional do recurso e o seu tratamento como servizo público

26/08/20 | 13:45

A Xunta inviste catro millóns de euros na remodelación integral do bordo portuario do Concello de Porto do Son

As actuacións afectan a un total de 26.000 metros cadrados da franxa marítima e contan cun prazo de execución de 18 meses

10/07/20 | 11:49

Aberto o prazo de presentación de ofertas para a redacción de proxectos de melloras portuarias por importe de 3,1 millóns de euros

Portos de Galicia vén de enviar ao ‘Diario Oficial da Unión Europea’ o anuncio de licitación deste servizo

04/07/20 | 11:47

Sae a licitación o servizo de redacción de estudos ambientais e proxectos de dragaxe nos peiraos autonómicos

O orzamento base é de 1,6 millóns de euros e inclúe traballos técnicos para unha trintena de portos

01/07/20 | 13:31

Galicia amplía en preto de 680.000 euros o crédito das axudas á modernización de equipamentos nos portos e nas lonxas

O ‘Diario Oficial de Galicia’ publicou esta semana a orde a través da que se incrementa o importe destinado á convocatoria de 2020 destas achegas, que pasa a ser dun total de máis de 3 millóns de euros

12/06/20 | 14:18

Comeza a obra de instalación dun pantalán para a descarga da pesca no porto de Combarro, en Poio

A actuación foi solicitada pola confraría de pescadores da localidade

10/06/20 | 15:59

O Real Club Náutico de Sanxenxo e Sadamar súmanse aos portos deportivos galardoados con Bandeira Azul

Doce dársenas galegas contan co distintivo de calidade que vén de outorgar a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor para esta tempada estival

01/06/20 | 11:12

A nova guía náutica de Galicia promociona instalacións e servizos dos portos deportivos da comunidade autónoma en cinco idiomas

A presidenta de Portos de Galicia mantivo unha reunión cos representantes das asociacións do sector para avaliar os contidos dispoñibles na plataforma dixital

28/05/20 | 16:17

O proxecto de dragaxe no porto de Ribadeo entra en fase de exposición pública

A presidenta de Portos de Galicia informou do anuncio do ‘Diario Oficial de Galicia’ aos colectivos portuarios da localidade nunha reunión de traballo

22/05/20 | 14:02

Aprobados os documentos de delimitación de espazos e usos portuarios de Ribeira, Maniños-Barallobre e Canido

O Consello de Administración de Portos de Galicia ratificou os plans de usos que regulan a distribución da actividade en solo portuario