Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 539 novas da área temática Industria:

09/04/22 | 12:18 | C. de Economía e Industria

A Xunta mobiliza 7,2M€ para dar continuidade á aceleradora do sector aeronáutico BFAero con dúas novas edicións

O obxectivo é fortalecer o posicionamento internacional das empresas participantes e promover así a creación, aceleración e consolidación de pemes innovadoras na cadea de valor da industria aeroespacial de Galicia

07/04/22 | 13:31 | C. de Economía e Industria

Galicia Calidade destaca a aposta pola excelencia das empresas certificadas Patatas Conde (Xinzo) e Quesos Feijoo (Celanova)

A xerente do organismo dependente da Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, Ana Méndez, mantivo encontros cos responsables destas compañías que contan con selo de garantía autonómico para coñecer as súas propostas

07/04/22 | 13:12 | C. de Economía e Industria

A Xunta avoga por fortalecer a competitividade da minaría galega a través da innovación e a formación

A directora xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Paula Uría, participou esta mañá en Santiago de Compostela na apertura da Asemblea Xeral da Cámara Oficial Mineira

06/04/22 | 13:39 | C. de Economía e Industria

A Xunta sinala que as F-110 son un proxecto vital para Ferrolterra e apela á colaboración para conseguir nova carga de traballo para Navantia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, apunta como obxectivo común seguir avanzando cara ao estaleiro 4.0, con infraestruturas pendentes como o dique seco

05/04/22 | 10:17 | C. de Economía e Industria

Aberto o prazo para participar na aceleradora de internacionalización de pemes Galicia Avanza

A Xunta de Galicia e o Parque Tecnolóxico de Galicia (Tecnópole) poñen en marcha este programa, no que poderán inscribirse ata 30 empresas galegas

04/04/22 | 11:30

A Xunta licitará en 39.800 euros a redacción do proxecto de ampliación do polígono industrial de Meira

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, lembra que existe unha partida de 515.000 euros para iniciar as obras este mesmo ano

02/04/22 | 11:07 | C. de Economía e Industria

A Xunta licitará en 34.600 euros a redacción do proxecto de ampliación do polígono industrial da Pontenova

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, lembra que existe unha partida de 124.000 euros para iniciar as obras este mesmo ano

29/03/22 | 11:28 | C. de Economía e Industria

A Xunta traslada o seu apoio ás empresas afectadas polo incendio no polígono de Mos para que poidan recuperar a súa actividade canto antes

A Xunta, a Asociación de Empresarios de Mos, o Concello e as empresas afectadas constitúen un grupo de traballo para ir “identificando e salvando” cada unha das necesidades que se presenten

28/03/22 | 12:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta subliña o compromiso da fábrica de pellets de Brión Ecowarm coa sustentabilidade e a innovación

O director da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera), Ignacio Lema, acompañou ao alumnado da Escola de Enxeñaría Forestal de Pontevedra que visitou a empresa para coñecer de preto o seu proceso produtivo

27/03/22 | 12:23 | C. de Economía e Industria

Galicia recibe dez manifestacións de interese para impulsar novos centros de fabricación avanzada

As achegas prodúcense tras a invitación do Goberno galego a empresas e operadores económicos a propor proxectos concertados como parte do deseño dunha liña de axudas que se activará a través do Igape ao abeiro da Axenda Industria 4.0