Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Emerxencias:

04/07/22 | 13:36

A Xunta inviste 1,6 M€ en Ourense para apoiar os Centros de información á Muller e accións para previr a violencia de xénero e fomentar a igualdade e a conciliación

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, informou hoxe sobre a resolución do programa de axudas autonómico

04/07/22 | 12:55 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta pon en marcha este verán o ‘Plan Corresponsables’ para ofrecer programas de conciliación nas bibliotecas, arquivos e museos

As consellerías de Cultura, Educación, FP e Universidades e de Promoción do Emprego e Igualdade asinan un convenio de colaboración para impulsar esta iniciativa en 12 dotacións culturais cunha achega de case 270.000 €

04/07/22 | 11:17

A Xunta incentivará con 6M€ a contratación de ata 1.000 desempregadas a través do programa Muller 22

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe esta nova orde de axudas que prevé incentivos de 6.000 euros para a contratación de mulleres desempregadas por parte de empresas, autónomos e entidades de economía social

02/07/22 | 13:20

Lorenzana destaca o papel do cooperativismo para sentar os alicerces dunha sociedade galega máis próspera e igualitaria

A conselleira de Emprego e Igualdade participou hoxe en Santiago de Compostela na celebración do Día do Cooperativismo

02/07/22 | 11:12

A Xunta avoga en Verín por políticas de conciliación e corresponsabilidade para impulsar a presenza feminina en postos directivos e garantir a igualdade

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou hoxe na localidade ourensá no XVIII Foro da Igualdade organizado pola Federación provincial de Mulleres Rurais de Ourense (Femuro)
 
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade para facilitar a conciliación e a corresponsabilidade está a destinar este ano 16 millóns, máis do triplo que en 2021
01/07/22 | 14:25

A Xunta apoia a 4º edición do programa Enrédate de Acadar para que 34 mulleres rurais con discapacidade da Coruña e Pontevedra avancen na súa autonomía

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, mantivo hoxe unha xuntanza de seguimento con representantes da Asociación de mulleres con discapacidade, Acadar

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade apoia a iniciativa con arredor de 20.000 euros
01/07/22 | 14:05

A Xunta lanza a campaña #Igualdadefollowers con 17 influencers que empregarán o efecto multiplicador das redes sociais para sensibilizar sobre a igualdade

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, presentou hoxe a iniciativa que busca trasladar á mocidade mensaxes a prol da igualdade e contra a discriminación por persoas con perfís dixitais referentes

01/07/22 | 11:13

A Xunta convoca por segundo ano as axudas para a contratación de mulleres vítimas da violencia de xénero en entidades sen ánimo de lucro

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe este programa de apoios que se poderá solicitar desde mañá e ata o próximo 1 de agosto

30/06/22 | 16:18 | A Presidencia da Xunta

A Xunta colaborará coa Federación de Asociacións Veciñais Lucus Augusti para promover a igualdade no rural a través do teatro e actividades divulgativas

A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade referendará un novo convenio coa entidade conformada por máis de 300 asociacións veciñais da provincia luguesa