Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 252 novas da área temática Comercio:

18/12/20 | 19:07 | C. de Economía e Industria

Unha trintena de obradoiros de Artesanía de Galicia participan en Santiago na feira creativa do Mercado da Estrela

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitaron a novena edición deste evento que se celebra ata o domingo 20 de decembro coa colaboración da Xunta

17/12/20 | 13:43 | C. de Economía e Industria

A sexta edición da campaña Días azuis do comercio galego dinamiza as vendas do sector con máis de 100.000 participacións

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou en Lugo na entrega simbólica dos 80 premios desta iniciativa, na que a Xunta colabora coa Federación Galega de Comercio

16/12/20 | 18:03 | C. de Economía e Industria

A Xunta achega información a autónomos e pemes sobre as axudas e os préstamos destinados aos sectores máis afectados pola actual situación económica

O director do Igape, Fernando Guldrís, e os directores xerais de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participaron hoxe nun encontro dixital centrado nos últimos programas de axudas dirixidas a estes colectivos

15/12/20 | 12:32 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa a comercialización de Artesanía de Galicia a través dun Catálogo de Nadal

A Fundación Artesanía de Galicia recolle nunha publicación online as propostas de 111 obradoiros da marca para fomentar as compras durante estas datas

10/12/20 | 16:40 | C. de Economía e Industria

A Xunta aposta polo talento e a innovación para impulsar a competitividade do sector comercial

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe na Cámara de Comercio de Santiago na entrega dos premios Peme A Coruña 2020

24/11/20 | 14:26 | C. de Economía e Industria

Conde apunta á transición ecolóxica e a modernización do comercio de proximidade como retos para os novos directores xerais Paula Uría e Manuel Heredia

O vicepresidente económico e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, presidiu a toma de posesión da directora de Planificación Enerxética e Recursos Naturais e do director xeral de Comercio e Consumo

09/11/20 | 14:59 | C. de Economía e Industria

A nova edición dos Días Azuis do Comercio Galego pon en valor o papel económico e social do sector

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, participou hoxe na presentación da campaña, que a Xunta impulsa ata o 30 de novembro en colaboración coa Federación Galega de Comercio

05/11/20 | 11:33 | C. de Economía e Industria

A Xunta apoia con máis de 242.000 euros a 11 asociacións e federacións de comerciantes coruñesas para impulsar a competitividade do sector

O Goberno galego colaborará con catro centros comerciais abertos, coas prazas de abastos de As Conchiñas, Elviña, San Agustín e Eusebio da Garda e con tres federacións

04/11/20 | 14:44 | C. de Economía e Industria

A Xunta impulsa con máis de 500.000 euros a modernización e a dinamización do comercio de proximidade vigués

A directora xeral de Comercio e Consumo, Sol Vázquez, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, mantiveron unha reunión de traballo cos centros comerciais abertos e as asociacións de praceiros da cidade