Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

10/01/21 | 17:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta mobiliza desde o xoves máis de 20 equipos quitaneves, máis de 1.000 toneladas de sal e 710.000 litros de salmoira para garantir a seguridade nas estradas autonómicas por mor do temporal

O operativo esparexeu na noite de onte case 160 toneladas de sal e 88.000 litros de salmoira na rede viaria autonómica
Nas estradas da provincia da Coruña e do sur da de Pontevedra, o consumo de sal acadou desde o inicio deste temporal un terzo do total previsto para todo o inverno

10/01/21 | 11:43 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a vindeira semana traballos de roza e limpeza nas marxes de distintas estradas da provincia de Ourense e retoma estes labores en vías de Lugo, A Coruña e Pontevedra

Comezarán as intervencións nas estradas da provincia de Ourense OU-504 entre Ribadavia e Cea e na OU-531, de Xinzo a Cortegada; e retomaranse na OU-105, que une a cidade de Ourense coa Ponte Noalla, en San Cibrao das Viñas

08/01/21 | 12:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto construtivo para a mellora do abastecemento nos concellos de Ribadeo e Trabada

O contrato, cun investimento de máis de 18.000 euros, conta cun prazo de execución de 6 meses

07/01/21 | 11:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica hoxe no DOG a aprobación do proxecto de execución da 1ª fase de mellora da estrada LU-231, entre Friol e Palas de Rei

Esta actuación dispón dun investimento autonómico de case 2,8 millóns de euros e as obras serán licitadas no primeiro trimestre deste ano

06/01/21 | 12:07 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudicou cinco novas parcelas de solo empresarial cunha bonificación no prezo de máis de medio millón de euros

A superficie empresarial adxudicada localízase nos parques de Carballo, Ponte Caldelas e Santiago de Compostela e suman case 16.000 m2

05/01/21 | 13:39

Medio Ambiente investirá case 200.000 euros nas obras de mellora do parque público de Maceira, no concello de Covelo

Os traballos a executar, cun prazo estimado de tres meses e que comezarán en xaneiro, consistirán nunha intervención integral co fin de actualizar este espazo e facelo máis accesible e atractivo para a veciñanza

02/01/21 | 12:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata as obras da circunvalación das Pontes, que se completou cunha rede de sendas peonís e ciclistas en paralelo á nova vía e ao Río Eume

Os traballos consistiron na construción dun novo viario de acceso ao núcleo, separando a área industrial da residencial e mantendo a conexión coa AG-64

30/12/20 | 13:28 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta somete a información pública a optimización do trazado da prolongación da Vía Ártabra ata a súa conexión coa autoestrada AP-9

O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o anuncio de inicio do procedemento, cun prazo ata o 12 de febreiro para que os interesados presenten as súas suxestións

30/12/20 | 13:26 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta realiza actuacións de conservación e limpeza no treito interurbano dos ríos Bouzas e Ponteceso ao seu paso polo Concello de Ponteceso

Esta actuación de Augas de Galicia lévase a cabo en distintos tramos destes ríos no seu percorrido polas parroquias de Cospindo e Tella

30/12/20 | 11:48 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas