Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta apoia a nova edición adaptada do FICBueu no marco da súa liña anual de subvencións a festivais audiovisuais
O Festival Internacional de Curtametraxes da localidade pontevedresa recibe unha achega de preto de 21.000 euros para a súa décimo terceira edición
O CDG celebra o centenario do Salón Teatro de Santiago con oito concertos nos ‘Mércores de varanda’
O gaiteiro Anxo Lorenzo abrirá mañá este programa conmemorativo, que continuará con Hugo Franco e Claudia Abril, Emilio Rúa, Xoán Curiel, Susana Seivane, Sés, Dequenvessendo e Sofía Espiñeira
O programa de intercambio 'Camiño Escena Norte' chega a Galicia co financiamento da Xunta para oito funcións de teatro e danza
O director da Agadic participou na presentación da segunda edición desta iniciativa cultural compartida con Asturias, Cantabria e País Vasco, que se desenvolverá do 13 de setembro ao 11 de outubro en sete localidades galegas do Camiño do Norte
A Xunta retoma o ‘Obradoiro de novela Cidade da Cultura’ á procura de novos valores da narrativa galega
Unha vintena de aspirantes a novelistas aprenderán sobre diversos aspectos da creación literaria con sete escritores e dous profesionais do eido editorial
Un total de 26 concellos e entidades se beneficiarán das axudas da Xunta para a mellora dos arquivos
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución desta orde, cuxo importe ascende a 145.000 euros para financiar actividades relativas á organización arquivística
A Xunta apoia a cultura segura a través de Fest Galicia coa edición especial ‘En conserva’ do festival Revenidas de Vilaxoán
É un dos 13 eventos integrantes da marca impulsada polo Goberno galego, aos que a Consellería de Cultura e Turismo destina 400.000 euros no marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico
A Xunta apoia a XIX edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán que contará con oito representacións
O director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo, presentou a programación que se levará a cabo no Salón Teatro e no Teatro Principal de Santiago esta fin de semana
Anxo M. Lorenzo presenta o ciclo 'Camiño de Cantares' con dous libros-cd e nove concertos en localidades da ruta xacobea
As publicacións titúlanse ‘Libro de órgano da Catedral de Tui (séc. XVIII)’ e ‘Libro III de Polifonía (séc. XVII-XVIII)’ que serán interpretados este sábado e o 12 de setembro respectivamente