Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Sanidade reforza as medidas de prevención da covid en toda Galicia e establece o nivel 2 de restricións
Limítanse as reunións de persoas a un máximo de 5 persoas en toda a Comunidade Autónoma
Sanidade comeza os cribados periódicos con mostras de saliva dos traballadores das residencias sociosanitarias
Con este cribado sistemático nas residencias galegas conseguirase a detección de persoas asintomáticas e, con elo, a prevención e vixilancia da infección ocasionada pola covid-19 e a toma de decisións adaptadas á realidade de cada centro
Galicia rexistra un total de 5.215 casos activos por coronavirus
Un total de 23.812 pacientes xa están curados
Doentes do Deza contan cun novo centro de hemodiálise extrahospitalaria que evitará uns 20.000 quilómetros de traslado en ambulancia ao mes
O novo servizo acollerá os primeiros 24 doentes mañá mesmo
Os servizos de urxencias dos hospitais do Sergas comezan a facer test de antíxenos
Trátase dunha técnica para realizar no mesmo punto da atención sanitaria tras a toma da mostra, cun procedemento sinxelo, e proporciona un diagnóstico rápido que permite realizar as accións de control de forma inmediata
O Sergas atendeu durante 2019 a 5.187 mulleres a través da vía rápida de cancro de mama, cun tempo medio de espera de 4,5 días e un 93% dos tumores detectados en estado precoz
Durante todos estes meses de pandemia provocada pola covid-19, o departamento sanitario galego tivo, como unha premisa básica, manter a actividade das vías rápidas oncolóxicas, e garantir o seu tempo máximo de espera
A Xunta comprométese coa prevención das patoloxías laborais por sobreesforzo que afectan con máis asiduidade ás mulleres
As enfermidades por trastornos musculoesqueléticos centran a celebración da Semana Europea para a Seguridade e Saúde no Traballo desde hoxe
Galicia rexistra un total de 5.101 casos activos por coronavirus
Un total de 23.578 pacientes xa están curados
O 061 de Galicia subliña a importancia de coñecer os síntomas da parada cardiorrespiratoria e as técnicas de reanimación cardiopulmonar para reaccionar con rapidez
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Sanidade vén apostando por iniciativas que melloran a supervivencia á parada cardiorrespiratoria como o programa RCP na Aula, que desde o ano 2009 formou preto de 16.000 nenos