Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

27/01/21 | 10:34 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta publica no DOG a aprobación do cambio de titularidade a prol do Concello de Lugo de dúas estradas provinciais que van cara a Ponte de Ombreiro e as Saamasas

O Concello de Lugo solicitou a cesión destes dous treitos coa fin de utilizalos como vías de características urbanas

26/01/21 | 13:29 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
26/01/21 | 11:58 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
25/01/21 | 15:11 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comprométese cos veciños de Redondela a insistir para que o Goberno atenda dunha vez por todas as súas máis que xustas demandas de medidas compensatorias e supresión da peaxe

Vázquez Mourelle lamenta que o Executivo non avance na reposición dos viarios, na reforma da ponte de Trasmañó e na instalación das pantallas acústicas, especialmente importantes pola covid, ao ser necesario manter as ventás abertas

25/01/21 | 14:22 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta 10 programas de fomento da mobilidade sostible e modernización do transporte para investir 400 millóns de fondos europeos de recuperación con 2.300 empregos asociados

Os proxectos, que deben desenvolverse en 3 anos, pretenden reforzar o fomento do uso transporte público con novas estacións intermodais, unha xestión dixitalizada e aplicacións de pago e de seguimento en tempo real dos vehículos

25/01/21 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe ofertas de 16 empresas para executar a mellora do abastecemento de Castro de Rei, que suporá un investimento de preto de 630.000 euros

O obxectivo é resolver os problemas para cubrir as demandas de auga en época estival no núcleo de Castro de Ribeiras de Lea, desde onde tamén se abastece ao polígono industrial

24/01/21 | 12:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta estende a vindeira semana os traballos de roza e limpeza a catro novas estradas da provincia de Ourense e segue coas tarefas en vías da Coruña, de Lugo e de Pontevedra

Comezan os labores na estrada OU-115 entre Verín e o parador de Monterrei, na OU-531B en Celanova, na OU-801 en Rivadavia e Ponte Barxas, así como na OU-105 en Ourense e A Ponte Noalla

23/01/21 | 10:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Os traballos das últimas fases das obras de integración paisaxística do Camiño Portugués en Conxo farán necesario o corte de tráfico na parte alta da rúa Benéfica desde este luns

Os vehículos que parten da rúa da Fervenza desviaranse pola instalacións do Sergas ata a rúa Ramón Baltar, ao igual que os vehículos que realicen o percorrido á inversa

21/01/21 | 14:21 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
21/01/21 | 12:57 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta asinará neste primeiro trimestre do ano o convenio de colaboración co Concello de Leiro para mellorar o sistema de abastecemento de auga

O proxecto, xa redactado e supervisado, conta cun prazo de execución de catro meses e un investimento que ascende a máis de 330.000 euros