Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 322 novas da área temática Territorio:

28/06/21 | 12:58

A Xunta conclúe a tramitación ambiental do Plan especial que permitirá construír o novo centro de saúde de Soutomaior

Administración autonómica e local asinaron en marzo un protocolo de colaboración para executar esta infraestrutura sanitaria cerca do núcleo urbano de Arcade

26/06/21 | 12:27

A Xunta aposta pola accesibilidade na urbanización de San Paio de Navia, onde o 90% dos viarios serán practicables para todo tipo de usuarios

Os proxectos para acondicionar o ámbito prevén a construción de 74 vaos peonís elevados e a colocación de bandas podotáctiles para advertir aos viandantes con discapacidade visual de posibles obstáculos ao seu paso

25/06/21 | 13:02 | C. do Medio Rural

A execución financeira do programa de desenvolvemento rural de Galicia acada a finais do ano 2020 o 70% e supera a media nacional e da UE

Así o constatou hoxe o Comité de Seguimento do PDR de Galicia 2014-2020, que estivo presidido polo secretario xeral técnico da Consellería do Medio Rural e no que participaron responsables das diferentes administracións e representantes de organizacións e axentes sociais

25/06/21 | 10:35

A Xunta somete a información pública o Plan básico municipal de Riotorto por un prazo de dous meses

O documento, o primeiro instrumento de ordenación co que contará este concello lucense, clasifica o municipio nun único ámbito de solo urbano, delimita un total de 67 núcleos rurais e identifica 118 elementos significativos do seu patrimonio natural e cultural

21/06/21 | 15:00

A colaboración entre Xunta e Concello de Covelo na mellora do parque de Maceira garantirá un espazo público accesible e máis funcional para a veciñanza

A actuación, executada grazas a unha achega de case 135.000 euros do Executivo galego e de máis de 57.000 euros do Goberno local, enmárcase no Plan Hurbe

16/06/21 | 11:57

Medio Ambiente inicia a información pública do Plan Básico Municipal de Porqueira

Trátase do primeiro instrumento de ordenación urbanística deste concello

12/06/21 | 13:40

A Xunta propón a Cervo estudar posibles accións en espazos públicos que reduzan os impactos paixísticos no concello

Ángeles Vázquez animou ao rexedor a facer un traballo de análise de posibles intervencións en inmobles en desuso e con maior impacto visual para mellorar a paisaxe e a contorna do concello

10/06/21 | 12:52

A Xunta asesorará ao concello de Outeiro de Rei para facer máis competitivo o parque empresarial

Durante a xuntanza tamén estudaron a posibilidade de colaborar nalgún proxecto de ordenación de espazos verdes que promova as actividades de ocio e lecer ao aire libre

08/06/21 | 14:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Medio Ambiente adxudica por case 75.000 euros as obras de mellora e humanización da contorna da capela de San Miguel en Vilaza, no concello de Monterrei

O delegado territorial acompañado do alcalde de Monterrei, José Luís Suárez, visitou esta mañá o núcleo de Vilaza

08/06/21 | 11:21

Medio Ambiente emite informe favorable á modificación puntual para a reordenación do Barrio do Cura en Vigo

A Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo remitiu hoxe ao Concello o documento no que se lle indica a necesidade de emendar unha serie de cuestións arqueolóxicas