Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 834 novas da área temática Igualdade:

17/07/22 | 12:30

A Xunta elixe Valdoviño para unha nova edición do curso en prevención de riscos laborais no ámbito forestal

O Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga) imparte desde mañá un curso gratuíto de tres xornadas para aumentar a seguridade no uso da motoserra e da rozadoira nas tarefas forestais

15/07/22 | 10:16

A Xunta concede as Medallas Emilia Pardo Bazán á Asociación Íntegro, á Fundación María José Jove e a Cristina Fernández, primeira fareira galega

O xurado vén de fallar estes galardóns cos que se recoñece a contribución de persoas e entidades para construír unha sociedade máis igualitaria, xusta e solidaria

14/07/22 | 12:33

A Xunta respaldará con preto de 240.000 € os Centros de información á muller, servizos de conciliación e accións de Igualdade en once concellos de Ferrolterra

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, e a secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, deron conta da resolución do programa autonómico que permitirá a concellos, consorcios ou mancomunidades poñer en marcha actuacións contra a violencia de xénero ou para facilitar a corresponsabilidade, entre outros

12/07/22 | 10:55

A Xunta pon en valor o seu compromiso na loita contra a discriminación múltiple da muller e as violencias sexuais con instrumentos legais e administrativos

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, participou nun curso de verán en Lalín sobre igualdade de oportunidades

11/07/22 | 14:23

A Xunta sinala que a rede de emprendemento avogará pola igualdade de oportunidades e polo talento feminino para a mellora da competitividade

A directora xeral de Emprendemento e Apoio ao Emprego, Margarita Ardao, participou hoxe en Santiago de Compostela na xornada de peche da entrega de premios da segunda edición do pograma Olympe Emprende

08/07/22 | 15:11

A Xunta achega máis de 800.000 euros para soster os CIM e promover a igualdade en 47 concellos lugueses

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial de Lugo, Javier Arias, informaron das axudas a concellos para fomentar a conciliación e impulsar accións de prevención e tratamento da violencia de xénero

07/07/22 | 13:00

Un total de 14 concellos da comarca da Coruña recibirán axudas da Xunta por valor de máis de 430.000 euros para apoiar os cinco CIM, promover a conciliación e loitar contra violencia de xénero

Gonzalo Trenor e Susana López Abella informaron da resolución das axudas a concellos e outras entidades locais para potenciar a conciliación e para a promoción da igualdade e a prevención da violencia de xénero

06/07/22 | 13:17 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta apoia con 1,5 M€ os 27 Centros de Información á Muller e programas locais para previr a violencia de xénero, promover a igualdade e a conciliación na provincia de Pontevedra

A secretaria xeral da Igualdade, Susana López Abella, e o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, informaron da resolución do programa autonómico, que permitirá aos concellos, consorcios ou mancomunidades poñan en marcha, entre outros, actuacións contra a violencia de xénero e/ou a explotación sexual e para facilitar a corresponsabilidade e a igualdade