Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 323 novas da área temática Formación:

13/10/21 | 11:05 | C. de Sanidade

O Sergas inicia o novo ciclo de conferencias sobre Benestar Emocional dirixidas ao persoal da Sanidade

Enmarcadas dentro do desenvolvemento do “Plan de intervención psicosocial para o apoio e atención ao persoal do Servizo Galego de Saúde na Pandemia de covid-19”

12/10/21 | 08:00 | C. de Economía e Industria

A Xunta lanza a convocatoria de axudas para o programa de Doutoramento Industrial

A iniciativa, que conta cun orzamento de 1,9M€ no marco do compromiso do Goberno autonómico co talento e o emprego de calidade, está impulsada pola Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación e a Consellería de Cultura, Educación e Universidade

11/10/21 | 11:25

A Xunta inviste 7,3 M€ en 174 cursos para que 2.610 desempregados da provincia de Lugo melloren as súas oportunidades laborais

O delegado territorial, Javier Arias, anunciou que o Goberno galego aprobou axudas a empresas, concellos e entidades para programar accións formativas durante o período 2021-22

10/10/21 | 13:30 | C. de Política Social e Igualdade

Política Social abre a inscrición para o plan de formación dixital do voluntariado

A convocatoria ofrece 630 prazas distribuídas en seis cursos on-line nos que os voluntarios recibirán orientación específica en lingua de signos, igualdade e violencia de xénero, medio ambiente e educación

05/10/21 | 12:49

A Xunta financiará con 350.000€ a segunda edición do obradoiro de Caldas Os Camiños do Camiño para formar e mellorar o acceso ao emprego dos seus participantes

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe a primeira convocatoria deste programa no que 15 persoas sen emprego incrementaron as súas oportunidades laborais ao formarse na especialidade de actividades forestais e xardinería

04/10/21 | 14:28

Lorenzana anuncia a reedición do obradoiro da Rúa, O Bolo e Larouco e indica que 9 de cada 10 concellos ourensás terán talleres duais en 2021-2022

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe o obradoiro dual de emprego, ‘Laboru’, no que se formaron 20 persoas en mellora de montes e especialidades de xardinería

30/09/21 | 15:05

A Xunta apoia a formación de catro titulados en ciclos de acuicultura para facilitar a súa entrada ao mercado laboral

Esta acción desenvólvese a través de catro bolsas formativas no Instituto Galego de Formación en Acuicultura (Igafa), que contan cun orzamento de máis de 93.000 euros e implican que os beneficiarios realicen prácticas de xestión e produción de cría de bivalvos durante dous anos

30/09/21 | 13:36

Luis López anuncia que a Xunta concede 23 cursos de formación para desempregados nas bisbarras do Condado e Baixo Miño cun investimento de 1,1 M€

O delegado territorial informa desta resolución da Consellería de Emprego e Igualdade, acompañado dos alcaldes de Mondariz e Covelo, Emilio Barrios e Pablo Castillo, no acto de clausura do obradoiro de emprego dual Medrando entre Todas/os

29/09/21 | 14:31

A Xunta inviste 350.000€ no primeiro obradoiro que compartirán Dozón, Rodeiro e Agolada para formar a 20 alumnos en xardinería e traballos forestais

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, presentou hoxe en Dozón o novo programa de emprego e formación que favorecerá o desenvolvemento económico e sostible na comarca do Deza

27/09/21 | 14:13

A Xunta porá en marcha un espazo dixital de teleformación en igualdade laboral para sensibilizar sobre conciliación e corresponsabilidade

A conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, clausurou hoxe no Parlamento galego a xornada ‘Catro décadas de autogoberno. A igualdade, un camiño sen retorno’ coa que se conmemorou o 40 aniversario do Estatuto de Autonomía