Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 288 novas da área temática Emigración:

27/04/21 | 14:59 | Secretaría Xeral de Emigración

Miranda coñece a experiencia dos bolseiros Beme que están a cursar este ano un mestrado na USC grazas á colaboración da Secretaría Xeral da Emigración

O secretario xeral da Emigración estivo acompañado nesta reunión pola presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez

25/04/21 | 10:40 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración apoia á Fundación Nosa Terra no proxecto de instalación dun monumento dedicado aos galegos que traballaron na construción do canle de Panamá

Antonio Rodríguez Miranda mantivo unha videoconferencia cos responsables da iniciativa que pretenden honrar o legado dos máis de 8.000 galegos que formaron parte da execución desta obra

22/04/21 | 14:38 | Secretaría Xeral de Emigración

Un emigrante galego retornado aproveita a súa experiencia en Suiza para por en marcha un obradoiro de reparación de reloxos en Abadín apoiado pola Xunta

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, acompañado do delegado da Xunta en Lugo, Javier Arias, e do alcalde da localidade, José María López Rancaño, visitaron esta mañá o concello lucense

21/04/21 | 13:47 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración coñece un proxecto empresarial de almofadas antiengurras dun galego retornado apoiado pola Xunta

O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu esta mañá a un galego que regresou de Venezuela e recibiu unha axuda para o emprendemento da Xunta coa que creou a firma nunuku.com

15/04/21 | 15:01 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración e a Asociación Jóvenes Emigrantes Retornados en Galicia firman un acordo de colaboración para facilitar a inserción persoal e profesional dos bolseiros BEME

Este acordo permitirá establecer accións de colaboración co obxectivo de difundir, acompañar, informar e formar aos galegos do exterior que acceden a unha bolsa para estudar un mestrado nunha das tres universidades galegas

09/04/21 | 13:01

Dous emigrantes galegos retornados de Suíza desenvolven un proxecto laboral no marisqueo da ría de Muros e Noia apoiados pola Xunta

A conselleira do Mar, Rosa Quintana, acompañada do secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, e da alcaldesa de Muros, visitaron esta mañá a embarcación destes emprendedores que recibiron o ano pasado 14.000 euros a través das axudas de emprendemento

07/04/21 | 16:15 | C. de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional

A Xunta participa na presentación do programa formativo ‘Cultura galega e emigración’ organizado por FUNDEHSGA

O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, asistiron á videorreunión da iniciativa

03/04/21 | 09:50 | Secretaría Xeral de Emigración

Emigración informa a máis de 220 universitarios galegos do exterior sobre as bolsas de excelencia Beme para cursar mestrados nas tres universidades de Galicia

O secretario xeral, Antonio Rodríguez Miranda, presidiu tres sesións en liña para informar aos interesados nestas bolsas de América e Europa