Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
A Xunta mantén abertas as convocatorias para impulsar a economía circular e a dixitalización no tecido empresarial galego
A liña de axudas destinada a proxectos para o desenvolvemento da economía circular suma 1,5 millóns para promover novos modelos de negocio circulares mediante a optimización de recursos, a redución no consumo de materias primas e o aproveitamento dos residuos
Galicia defende unha baixada do prezo eléctrico que se basee en incentivos, axudas e bonificacións a familias e empresas; no aproveitamento de todas as fontes de enerxía instaladas; e na diversificación tecnolóxica
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, inaugurou esta mañá en Pontevedra unha xornada informativa sobre comunidades enerxéticas e autoconsumo organizada por Cluergal
Rueda solicita que as empresas galegas poidan beneficiarse da “oportunidade única” que supón o Perte agroalimentario
Apela a que non se deixe fóra a grandes empresas galegas, como sucedeu cos Perte doutros sectores
A economía galega medrou no segundo trimestre do 2022 un 4,4%
A evolución respecto ao trimestre anterior presenta un crecemento do 1,1%
As exportacións galegas rexistran un novo récord histórico no primeiro semestre do ano ao alcanzar os 14.406 M€, un 27,1% máis que o ano pasado
A Comunidade ten unha mellor evolución que o conxunto do Estado tanto nos seis primeiros meses do ano como en xuño, mes no que as vendas ao exterior das empresas galegas subiron un 50,1%, case duplicando o crecemento do conxunto de España, onde o incremento foi do 26,6%
A Xunta mobiliza preto de 1,5 M€ en nove concellos de Ourense para a mellora dos seus polígonos empresariais e a creación de viveiros industriais
A través destas axudas, O Pereiro de Aguiar comezará este mes as obras de mellora dun vial de acceso ao parque empresarial cun investimento total de 117.000 euros
A Xunta impulsa este próximo sábado a segunda edición de Artesanía de Galicia na Ribeira Sacra
O obxectivo do encontro, que se celebra durante toda a xornada do 20 de agosto no Santuario de Nosa Señora de Cadeiras (Sober), é impulsar a comercialización do produto artesán galego e a difusión dos oficios tradicionais
A Xunta de Galicia convoca por primeira vez apoios para pemes e autónomos que conxugan axudas directas e préstamos parcialmente reembolsables para o financiamento de proxectos
O prazo de solicitude da nova convocatoria do programa Galicia Inviste, dependente da Vicepresidencia primeira e Consellería de Economía, Industria e Innovación, está aberto ata o 30 de setembro
A Xunta apoiará ao concello de Bande para que sexa un destino termal de referencia en Galicia
O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde reuniuse esta mañá coa alcaldesa do municipio ourensán tras a confirmación de que as augas procedentes da captación ‘O Baño’ contan con propiedades mineromedicinais e termais
O próximo luns finaliza o prazo de inscrición para a cuarta edición da aceleradora BFAero
Ata o 15 de agosto, ás 14:00 horas, empresas ou proxectos empresariais poden presentar as súas candidaturas para incubar ou acelerar ideas innovadoras para o sector aeroespacial en Galicia