Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 333 novas da área temática Conservación da natureza:

05/05/21 | 12:13

O período hábil xeral para exercer a actividade cinexética en Galicia estenderase do 17 de outubro ao 6 de xaneiro de 2022

O DOG publica hoxe a resolución pola que se determinan as épocas permitidas de caza, as medidas de control por danos e os réximes especiais por cada especie para a tempada 2021-2022

03/05/21 | 14:12 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta lanza un novo programa de voluntariado ambiental en espazos protexidos e esgota xa todas as prazas dispoñibles

Os dous departamentos autonómicos volverán a colaborar para darlle continuidade ao proxecto LEWO, unha iniciativa dirixida a mozos voluntarios e que se desenvolveu no período 2018-2020 en diferentes espazos naturais da Comunidade

20/04/21 | 14:13

Galicia celebra a inclusión do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia na lista Ramsar de humidais de importancia internacional

A proposta de inclusión presentada polo Goberno galego acaba de ser aprobada esta mañá na reunión do Consello de Ministros

16/04/21 | 12:02

Medio Ambiente licita por case 200.000 euros o seguimento das poboacións piscícolas en tramos fluviais de toda Galicia

A actuación, cofinanciada nun 75% con fondos do Programa de desenvolvemento rural 2014-2020, permitirá determinar o estado de determinadas especies nos ríos seleccionados, actualizando os traballos e inventarios realizados nos últimos anos

06/04/21 | 16:35

Galicia impulsa a recollida activa e redución do lixo mariño a través do Plan Marlimpo

Esta iniciativa está ligada ao Fondo Europeo Marítimo e de Pesca e busca contribuír a reducir a cantidade de residuos existentes nas zonas costeiras e mellorar a concienciación e colaboración entre os actores marítimo-pesqueiros

26/03/21 | 12:55

Galicia e Portugal liberaron no tramo internacional do Miño máis de 100.000 xuvenís de salmóns e 1.600 quilos de anguías desde 2017

Grazas a esta iniciativa transfronteiriza, financiada con fondos da UE e liderada pola Xunta, sentáronse as bases para xestionar por primeira vez os recursos pesqueiros da zona de forma común e harmonizada entre todas as administracións

17/03/21 | 17:58

O Plan reitor do Parque Natural de Corrubedo supera un dos últimos trámites antes da súa aprobación definitiva pola Xunta

A xunta reitora do espazo natural reuniuse hoxe para coñecer e valorar o contido do decreto polo que se modificará o Plan de ordenación de recursos naturais (PORN) e se aprobará o novo Plan reitor de usos e xestión (PRUX)

03/03/21 | 11:49

A Xunta destina máis de 72.800€ para actuacións para a recuperación e posta en valor do parque natural das Fragas do Eume

Gonzalo Trenor visitou as obras que se están realizando de rehabilitación dun lavadoiro e unha fonte no lugar da Graña en Pontedeume

28/02/21 | 10:36

Xunta e Cemma renovan a súa colaboración para garantir a asistencia a réptiles e mamíferos mariños varados na costa galega

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda e a Coordinadora para o estudo dos mamíferos mariños (Cemma) veñen de asinar un novo convenio para o desenvolvemento de accións conxuntas para o coidado, recuperación e estudo destes animais, algúns pertencentes a especies en réxime de especial protección