Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 258 novas da área temática Administración pública:

25/06/21 | 14:00

Medio Ambiente licitará en agosto as obras de mellora e humanización na capitalidade do Pereiro de Aguiar

Ángeles Vázquez subliña que o importe da actuación conveniada ascende a 167.715 euros, dos cales a Xunta achega un 70%

25/06/21 | 12:54

A Xunta activa a plataforma dixital de núcleos rurais en estado de abandono e anima aos concellos a incorporar inmobles baleiros

O Goberno galego quere implicar na difusión do proxecto á Fegamp, ao Colexio Oficial de Administradores de Fincas de Galicia e ao Colexio de Axentes da Propiedade Inmobiliaria da Coruña, cos que acaba de asinar un convenio de colaboración

22/06/21 | 12:41

A Xunta adxudica preto de 42.000 metros cadrados de solo empresarial con bonificacións por importe de máis de 1,8 millóns de euros

As 14 parcelas asignadas pola empresa pública Xestur emprázanse nos parques empresariais de Carballo, Santiago de Compostela, Arteixo, Lugo e Cervo

03/06/21 | 14:51

Convocada a poxa pública de case 280.000 metros cadrados na Plisan con prezos "moi competitivos" que seguen a liña de bonificacións da Xunta

A responsable autonómica salienta a importancia para o sur da Comunidade deste ámbito empresarial, que coa súa posición estratéxica e as condicións vantaxosas de acceso ás súas parcelas atraerá novos asentamentos industriais a esta zona

22/05/21 | 11:20

A urbanización de San Paio de Navia prevé case 23.000 metros cadrados de zonas verdes e un gran parque central

As tres fases nas que se dividirá a intervención da Xunta para acondicionar o ámbito da ampliación inclúen a plantación de preto de 600 árbores ornamentais

29/04/21 | 15:24 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O Consorcio Casco Vello de Vigo inicia o proceso de adxudicación de dúas vivendas da rúa San Francisco, 15

A presidenta do organismo e delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, informa de que en breve se retomaran as obras en Elduayen 31

19/04/21 | 12:20 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor anima aos veciños da Costa da Morte a solicitar as axudas para corrixir os impactos urbanísticos e destaca a importancia da colaboración dos concellos

O delegado da Xunta informou que este programa conta cun orzamento dun millón de euros e prevé apoiar 300 intervencións

25/03/21 | 15:32 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita por 250.000 € euros o acondicionamento do paseo peonil do entorno do mosteiro das Bernardas, en Ferreira de Pantón

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, destacou que continúan así ás actuacións de urbanización e mellora executadas nesta zona nos últimos anos

25/03/21 | 12:34

O Plan Básico municipal do Concello de Cartelle sométese desde hoxe a información pública por un período de dous meses

Todas as persoas ou entidades interesadas en participar no proceso poden presentar xa as súas achegas ao documento, aprobado inicialmente o 9 de marzo