Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 500 novas da área temática Xuventude:

10/12/22 | 11:26 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta recoñece as mellores propostas no ámbito da creación de videoxogos dentro do certame Xuventude Crea 2022

María Santalla Martínez e Daniel Alejandro Santiago Mayoral fixéronse co primeiro posto coa obra ‘K.I.W.I.’

08/12/22 | 12:20 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta premia á coruñesa Fernanda Rodíguez Miguélez na especialidade de Arte Urbana do programa Xuventude Crea

En segundo lugar quedou Elvira López Rodríguez, de Ribadeo, mentres o terceiro galardón foi para Andrea Otero Vázquez, natural de Ribadavia

05/12/22 | 14:43 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta recoñece os mellores traballos en moda e deseño de xoias do programa Xuventude Crea 2022

O santiagués Brais Albor Rodríguez obtivo o primeiro premio en Moda pola súa crea-ción ‘Touro Galego’; e a obra titulada ‘Tick-Tock Collection’, de Rebeca García Martí-nez, da Pobra do Caramiñal, gañou na categoría de Deseño de Xoias

05/12/22 | 14:11 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta destaca a forza e o compromiso solidario das máis de 1.000 entidades e 52.000 persoas voluntarias no Día Internacional do Voluntariado

Cristina Pichel puxo en valor o traballo altruísta destas persoas, que “agasallan tempo e ofrecen unha man tendida a quen máis o necesita cando máis o necesita”

27/11/22 | 15:04 | C. de Política Social e Igualdade

A Xunta recoñece o talento dos mellores artistas en danza moderna no marco do programa Xuventude Crea

O primeiro premio foi para Saray Alonso Amorín e Pablo Vázquez Durán, de Gondomar, pola súa obra Salgadura

25/11/22 | 18:52 | C. de Política Social e Igualdade

Ánxel Carramal e Ciro Fernández, gañadores de banda deseñada e poesía do programa Xuventude Crea

O segundo en banda deseñada foi para Brais Fierro, con ‘A Ponte’; e o terceiro para Daniel Souto, coa obra ‘Rapid Eye Movements’

18/11/22 | 12:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias anima á cidadanía a participar na campaña “Cada neno un xoguete” da asociación Stop Vigo

A delegada territorial da Xunta participou este venres na presentación da iniciativa solidaria que xa repartiu 72.000 xogos entre os pequenos vigueses

17/11/22 | 17:57 | C. de Política Social e Igualdade

O centro LUG2 da Xunta premiado pola Red Española de Albergues Juveniles por un proxecto para a mellora da accesibilidade

O albergue lucense tamén recibiu o Selo Compromiso co que esta entidade certifica a calidade das súas instalacións e o seu compromiso tanto social como medioambiental