Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 195 novas da área temática Xustiza:

17/11/22 | 12:47 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias condena os ataques aos xuíces e amosa o seu “apoio e respaldo” á labor da xudicatura na apertura das Xornadas de Dereito Privado en Vigo

A delegada da Xunta en Vigo participou este xoves na presentación do congreso de Xuízas e Xuíces pola Democracia na cidade

10/11/22 | 10:39 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta aposta por impulsar a cultura da arbitraxe como vía para desxudicializar conflitos e promover a mediación

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, participou na inauguración do ‘II Congreso de arbitraxe e xurisdición’, que conta co apoio do Goberno galego

08/11/22 | 10:55 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta licita por preto de 262.000 € a mellora enerxética dos xulgados de Marín

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, visitou hoxe o edificio, onde informou das obras previstas
 

04/11/22 | 11:21 | C. do Medio Rural

A Xunta celebra que o labor da Unidade de Investigación de Incendios Forestais levara a prisión ao presunto autor de máis dunha ducia de lumes en Salvaterra de Miño e Ponteareas

A Fiscalía de área de Vigo solicitou a entrada no cárcere do suposto incendiario tras novos indicios aportados pola UIFO e polo Servizo de Protección da Natureza da Garda Civil

01/11/22 | 10:03 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destina preto de 14 M€ nos Orzamentos de 2023 á prestación da asistencia xurídica gratuíta

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes mantivo un encontro coa presidenta do Consello da Avogacía Galega para abordar as diferentes liñas de actuación conxunta entre as que tamén destaca a atención ás vítimas da violencia de xénero
 

31/10/22 | 14:04 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta e a Universidade de Santiago impulsan a colaboración no eido da medicina legal e forense a través do instituto ‘Luís Concheiro’

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, e o reitor da USC, Antonio López, ratificaron o acordo que establece as liñas conxuntas de acción neste eido
 

28/10/22 | 15:26 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
28/10/22 | 10:52 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta destinará 342 M€ en 2023 en apoio ao deporte, á Administración de Xustiza, aos concellos galegos en servizos como as emerxencias e á acción exterior da comunidade

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, compareceu hoxe no Parlamento de Galicia para explicar as contas do departamento que dirixe para o vindeiro ano, que soben nun 12,9% máis que o ano pasado e por riba do aumento medio do 8,5% do orzamento da Xunta

27/10/22 | 10:57 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o papel dos administradores concursais na xurisdición do Mercantil

O director xeral de Xustiza, José Tronchoni, participou hoxe na inauguración do “XVI Encontro en Galicia de Profesionais do Dereito Concursal”, onde destacou a necesidade de que estes profesionais conten coa formación adecuada para adaptarse ás novidades lexislativas neste ámbito

24/10/22 | 22:08 | A Presidencia da Xunta

Rueda resalta o compromiso da Xunta cunha Administración da Xustiza moderna e eficiente ao realizar no 2023 melloras neste eido

Recorda as inversións adxudicadas en Galicia para que a xustiza ofreza un servizo eficaz aos cidadáns