Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 235 novas da área temática Portos:

18/10/22 | 13:07 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Preto de 30 axentes da policía portuaria de Vigo melloran a súa formación co apoio da Xunta

O director xeral de Emerxencias e Interior, Santiago Villanueva, e a delegada territorial da Xunta en Vigo, Marta Fernández-Tapias, participaron xunto ao presidente da Autoridade Portuaria viguesa, Jesús Almuíña, no acto de entrega de diplomas do curso ‘Defensa persoal e intervención policial’

30/09/22 | 18:23

Galicia coincide con outras autonomías en denunciar a pretendida invasión de competencias do estado na xestión dos portos autonómicos

A presidenta de Portos de Galicia abordou este asunto nunha mesa redonda na que participou xunto con representantes de Puertos de Andalucía e Ports de la Generalitat de Catalunya no marco dunhas xornadas sobre a integración entre portos e cidades

28/09/22 | 18:40 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Fernández-Tapias destaca que o “CAP de Barbaria” sitúa ao naval vigués á vangarda e preparado para afrontar os retos futuros desta industria

A delegada territorial da Xunta asistiu hoxe á botadura do primeiro ferri eléctrico construído en España que será destinado a dar cobertura á liña Ibiza-Formentera

27/09/22 | 12:18

A Xunta e o Centro de Investigación BDRI do Grove traballan na busca de medidas para minimizar no futuro a interacción das candorcas cos barcos a vela

A presidenta de Portos de Galicia reuniuse coa directiva da entidade para impulsar fórmulas que potencien o coñecemento e a prevención para facer fronte a esta problemática como accións disuasorias ou sistemas de alerta

23/09/22 | 13:59

A Xunta licita por máis de 300.000 euros a mellora da lonxa de Portocubelo, en Carnota

A presidenta de Portos de Galicia presentou á confraría de pescadores e aos representantes municipais o proxecto que actuará sobre a envolvente, a estrutura, a fachada e as terrazas, entre outros aspectos

23/09/22 | 13:23 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa autoridade portuaria de Ferrol-San Cibrao no acondicionamento da fachada marítima da cidade ferrolá

O vicepresidente segundo da Xunta, Diego Calvo, e a conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, presentaron as actuacións para abrir a cidade ferrolá ao mar comunicando o centro urbano co porto nun acto no que se asinou o convenio de colaboración entre o Goberno galego e a Autoridade Portuaria para levar a cabo os traballos de acondicionamento

07/09/22 | 14:49 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta estende máis aló do verán a campaña ‘X unha costa + segura’ para minimizar a interacción entre bañistas e navegantes

O delegado territorial na Coruña, o secretario xeral para o Deporte, a presidenta de Portos de Galicia e o director xeral de Emerxencias fixeron balance en Sada da acción informativa promovida no verán nas tres provincias costeiras coa instalación de máis de 500 carteis

30/08/22 | 12:56

A Xunta renova o alumeado portuario de Viveiro e Celeiro con equipos de tecnoloxía LED de altas prestacións e software de telecontrol

Portos de Galicia inviste 120.000 euros nesta actuación incluída nun contrato conxunto de 3,8 millóns para unha trintena de dársenas autonómicas

18/08/22 | 14:42

A Xunta renova os pantaláns de Pontedeume e dota a escola de remo de novas instalacións de acceso ao mar

Portos de Galicia inviste preto de 250.000 euros nesta actuación incluída nun contrato conxunto de 1,2 millóns para oito dársenas coruñesas

17/08/22 | 14:36

A Xunta asina co concello da Laracha o convenio que permite ampliar as zonas habilitadas para a pesca recreativa no peirao de Caión

Portos de Galicia avanza así no seu compromiso de abrir máis zonas mediante a colaboración cos Gobernos locais fixando un control e vixilancia desta actividade vencellada unicamente co ocio veciñal e totalmente allea á operativa portuaria