Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1142 novas da área temática Medio ambiente:

22/12/22 | 17:01

A Xunta salienta a boa evolución da píllara das dunas tras contabilizar 104 novos exemplares en 2022, 38 máis que o ano anterior

A píllara das dunas está considerada como vulnerable no Catálogo galego de especies ameazadas e que conta co seu propio plan de conservación

21/12/22 | 13:58

O censo do lobo realizado pola Xunta estima 93 mandas reprodutoras en Galicia e confirma a evolución positiva da especie

Belén do Campo avanza que o estudo feito entre 2021 e 2022 ofrece datos similares aos do seguimento anterior, manténdose a súa área de distribución territorial e mesmo detectándose 3 mandas máis que a estima realizada no período 2013-2015

20/12/22 | 15:13

A Xunta convoca por un total de 280.000 € dúas ordes de axudas destinadas a mellorar a xestión de terreos cinexéticos e a fomentar a riqueza piscícola dos ríos

No caso das subvencións dirixidas aos Tecores, dotadas neste caso de 230.000 €, poderán cubrir o 100% do investimento, cun límite por solicitude de ata 16.000 €

19/12/22 | 18:10 | C. do Medio Rural

A Xunta detecta un novo caso de gripe aviaria nunha gaivota localizada no concello de Vigo

O novo caso positivo foi trasladado ao Centro de Recuperación de Fauna Silvestre situado en Carballedo, situado no concello de Cerdedo-Cotobade

A detección realizouse no marco do Plan de vixilancia da influenza aviaria que desenvolve o Goberno galego
 

19/12/22 | 15:19 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor comprobou as actuacións do Fondo de Compensación Ambiental de Vimianzo e Dumbría que supuxeron un investimento de case 279.000 €

A achega do Goberno galego permitiu a adquisición dunha pick-up en Vimianzo e a mellora de rede de abastacemento en tres parroquias de Buxantes en Dumbría

19/12/22 | 13:40

A Xunta convoca axudas por 450.000 € para apoiar a concellos e asociacións protectoras no coidado e atención dos animais domésticos abandonados

No caso das entidades locais, as axudas cubrirán gastos de esterilización, vacinación, identificación e rexistro dos exemplares ao seu cargo así como a alimentación

19/12/22 | 13:21

A Xunta salienta a posición de referencia do Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia no seu 30 aniversario

Sagrario Pérez incide en que a mellora das súas instalacións, a cualificación do seu persoal e a dotación de medios técnicos de última xeración permitiron lograr a excelencia deste organismo que vela pola calidade ambiental da Comunidade

19/12/22 | 12:35

A Xunta entrega o 'Atlas da Paisaxe dos Camiños Xacobeos' á Casa de Galicia en Madrid

Ángeles Vázquez resalta tanto o seu valor cartográfico como a compilación de 83 ortofotos históricas e actuais que permiten comprobar a evolución da paisaxe pola que discorren as diferentes rutas ao longo dos últimos 50 anos
 

18/12/22 | 14:06 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta activa a alerta laranxa por vento no oeste da Coruña e na Mariña de Lugo

Agárdase vento do sur con refachos que poderán alcanzar os 100 km/h

18/12/22 | 12:47

A Xunta e o Concello de Paderne de Allariz avanzan na tramitación do parque empresarial da localidade

Ángeles Vázquez e José Manuel Fernández tamén avaliaron a posibilidade de humanizar a contorna de Rioseco e dotar a zona dunha piscina