Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 1326 novas da área temática Economía:

20/12/22 | 20:30 | C. de Economía e Industria

Conde destaca que os gañadores e finalistas dos Premios de Innovación e Deseño son unha inspiración para novas iniciativas no tecido empresarial

Subliña que son casos de éxito que demostran que innovación e deseño van da man e son o valor engadido que lle podemos dar á Marca Galicia

20/12/22 | 10:58 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Trenor participa na inauguración do Foro da Axenda Urbana organizado polo Concello de Ames

O delegado da Xunta animou a todos os participantes a sacar o maior aproveitamento desta cita e a empregar ao Goberno da Xunta, como axente de cohesión e como bastón de apoio neste apaixonante camiño que afrontan as cidades

19/12/22 | 14:53 | C. de Economía e Industria

O Plan estratéxico de Expocoruña prevé abrir novas liñas de negocio e incrementar as feiras e eventos propios

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe na reunión do Padroado do Instituto Feiral da Coruña, na que tamén se aprobaron os presupostos para o vindeiro ano

19/12/22 | 13:23 | C. de Economía e Industria

A Xunta reclama a participación das comunidades autónomas na futura Lei de Industria

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, que asistiu hoxe en Madrid á Conferencia Sectorial de Industria e Peme, apunta que a normativa estatal, que chega tarde, recupera agora figuras para a axilización administrativa dos proxectos que xa se están a impulsar en Galicia

16/12/22 | 17:32 | Axencia de Turismo de Galicia

A Xunta consolida a súa aposta pola innovación turística na clausura da segunda edición de Turislab

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou na clausura da segunda edición da Aceleradora de proxectos turísticos posta en marcha pola Xunta de Galicia, da que 8 statups chegaron á final.

16/12/22 | 15:21 | C. de Economía e Industria

Santiago Besteiro gaña o Premio Nacional de Artesanía na categoría de Emprendemento

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, e a xerente de Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, asistiron en Madrid á gala de entrega dos galardóns

16/12/22 | 15:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta pon en valor o papel do porto de Ferrol na reactivación económica da súa área de influencia

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, clausurou hoxe as xornadas ‘Porto-empresa’, organizadas pola Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao

15/12/22 | 19:55 | C. de Economía e Industria

Galicia seguirá traballando coas empresas para que perciban un clima favorable ao investimento con iniciativas como a Lei de simplificación administrativa

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, participou hoxe en Vigo na asemblea xeral da Confederación Empresarial de Pontevedra na que defendeu que os fondos europeos deben chegar a toda a base do tecido empresarial

15/12/22 | 15:13

A Xunta destaca en Madrid que a economía social é un modelo que en Galicia “suma e multiplica” e emprega a máis de 14.000 traballadores

A secretaria xeral de Apoio ao Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou hoxe en Madrid nunha mesa redonda no marco da xornada de presentación en España do Plan de acción europeo de economía social

15/12/22 | 15:01

A Xunta enxalza o potencial económico dos portos galegos que xeran 900 M€ anuais e 26.000 empregos directos

Rosa Quintana subliñou que esta actividade dos 122 peiraos de titularidade autonómica é froito dos importantes investimentos realizados polo Goberno galego e o sector privado