Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 589 novas da área temática Auga:

14/12/22 | 14:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta colabora co concello de Cualedro na mellora do abastecemento co fin de solucionar os problemas de subministro en episodios de seca

Augas de Galicia achegou 48.000 € para o financiamento das intervencións que garantirán o abastecemento nos núcleos de Lucenza e Cualedro

12/12/22 | 13:59 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora coa mellora de instalacións veciñais de uso social e para o abastecemento de auga en Ponte Caldelas

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luís López, visitou as obras realizadas ao abeiro do Plan específico de acción comunitaria

08/12/22 | 10:44 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta impulsa un proxecto piloto para a eliminación do aluminio nas augas de consumo humano nos sistemas de abastecemento autónomo de Galicia


Porase en marcha unha planta experimental no concello de Oia para a eliminación de aluminio nunha traída seleccionada, incluíndo a análise da auga de distintos pozos de barrena localizados no entorno dos puntos de captación

07/12/22 | 15:32 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta constata que as chuvias de novembro permitiron superar a situación de prealerta por escaseza de auga en toda a Demarcación Hidrográfica Galicia-Costa

Desactívase ese nivel de risco de abastecemento que se mantiña aínda no sistema do río Mero, Arteixo e ría da Coruña pola situación do encoro de Cecebre, así como no eido dependente dos encoros de Baiona e Zamáns
 

06/12/22 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta recibe 15 ofertas para executar a 1ª fase de mellora da rede de abastecemento municipal da Laracha, cun investimento autonómico de máis de 1,8 M€

Ampliarase a potabilizadora e construirase un bombeo e un novo depósito de auga potable que mellore o funcionamento da rede de abastecemento
 

02/12/22 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inviste máis 39.400 euros na renovación da rede de abastecemento do núcleo de Názara, en Cenlle

O delegado territorial, acompañado da alcaldesa, supervisou o remate das obras promovidas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia
 

30/11/22 | 17:36 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta abre o trámite de competencia de proxectos ante a solicitude de Altri de concesión dunha captación de auga do río Ulla

A empresa solicita a captación de augas superficiais do encoro de Portodemouros, desde o termo municipal de Agolada, cun caudal máximo de 535 litros/segundo, para a uso industrial na fábrica de fibras téxtiles que prevé implantar no concello de Palas de Rei
 

30/11/22 | 15:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta presenta ao Concello de Viveiro e á Deputación de Lugo o proxecto das actuacións destinadas a reducir os riscos das enchentes en Xunqueira

Os técnicos de Augas de Galicia informaron de que o proxecto está xa redactado e o obxectivo é aprobalo no primeiro trimestre de 2023, tras rematar a supervisión

30/11/22 | 13:54 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta remata a mellora do sistema de abastecemento en varios núcleos do concello de Leiro, paliando os problemas de arsénico e asegurando a calidade da auga

Executouse a nova conexión da auga de abastecemento desde o depósito municipal de Lebosende á rede existente que serve a auga aos veciños dos núcleos de San Tomé de Serantes, Sa e Paredes, na parroquia de Serantes
 

30/11/22 | 12:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación das obras do novo colector do río Sardiña, que culminarán o saneamento da Malata grazas a un investimento de 900.000 €

Vázquez Mourelle explica que a previsión é adxudicar as obras no verán para inicialas a continuación e rematalas xa en 2023