Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

24/02/21 | 13:33 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
24/02/21 | 11:38 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adapta os servizos de transporte para favorecer a mobilidade dos traballadores e estudantes na área de Ferrol e nas conexións coa Coruña que estarán operativos desde mañá

Este xoves entran en funcionamento adaptacións de horarios e paradas dos servizos destinados a traballadores e funcionarios que se desprazan á Coruña, de xeito coordinado co transporte urbano da cidade para chegar aos centros de traballo

23/02/21 | 17:13 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta traslada a súa “profunda decepción” pola falta de compromiso do Goberno de España co ferrocarril a Punta Langosteira, o futuro do Porto e a fachada marítima da Coruña

Ethel Vázquez valora negativamente que a xuntanza concluíse sen un horizonte temporal para a licitación das obras da conexión ferroviaria e que se anuncie agora o estudo do financiamento europeo tras tres anos co proxecto paralizado

23/02/21 | 15:14 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

O delegado territorial da Xunta en Ourense visita as obras da senda peonil que facilita o acceso a nova estación do AVE na Gudiña

Gabriel Alén sinalou que o obxectivo foi mellorar a accesibilidade á nova estación, aínda que é preciso resolver a súa continuidade por parte de Adif nos terreos internos da terminal e no paso inferior, que provoca un estreitamento e unha redución de gálibo

23/02/21 | 14:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de acondicionamento da estrada AC-566, desde a saída de Valdoviño ata A Ramalleira, cun investimento de máis de 3,6 M€

Os traballos, cun prazo de 18 meses, mellorarán o trazado da estrada cara a Cedeira, habilitando carrís de adiantamento case na metade do treito

22/02/21 | 18:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta e o Concello de Ribeira asinan un convenio de colaboración para a implantación de bonificacións nas viaxes en autobús dentro do municipio

Aplicaranse a todos os veciños usuarios da tarxeta TMG e Xente Nova un desconto de 50 céntimos nas viaxes internas no municipio de Ribeira, quedando o prezo do billete en 85 céntimos

22/02/21 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez destaca o valor patrimonial do acondicionamento da contorna da Ponte Vella de Ourense, no que a Xunta inviste 1,1 M€ coa fin de poñelo ao servizo de veciños e visitantes no verán

Esta nova actuación abarca a propia Ponte romana e a oficina de turismo, a contorna da Capela dos Remedios e a mellora da conexión co río Miño, sobre o que se habilita un novo miradoiro

21/02/21 | 11:02 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia a vindeira semana as tarefas de roza e limpeza na estrada autonómica OU-533 que comunica os concellos ourensáns da Gudiña e A Rúa

Seguirán os labores iniciados a pasada semana na vía ourensá OU-114, en Caldeliñas e Campo Becerros; e na vía lucense LU-530, en Lugo e Castroverde

20/02/21 | 13:40 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta trasládalle ao Ministerio de Transportes a súa proposta de bonificacións da AP-9 para abordala na comisión conxunta e garantir que desta vez gañen os galegos e non a concesionaria

Vázquez Mourelle detalla que a fórmula prioriza aos usuarios recorrentes, bonificando o 100% da volta para os vehículos lixeiros con telepeaxe que realicen a volta nun intervalo de 24 horas ou con 2 viaxes de ida e de volta na mesma semana

19/02/21 | 14:55 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta reitera ao Concello de Ames o seu apoio para atopar solucións ás necesidades de mobilidade das parroquias de Ortoño, Bugallido e Biduído

Reafirma o mantemento do apoio técnico e administrativo da Xunta para que o Concello de Ames acade un acordo co Concello de Santiago para a prolongación da liña urbana que garanta a prestación dese servizo, como se viña facendo ata agora