Hemeroteca
Novas publicadas antes de 2023
Luisa Piñeiro asiste en Pontevedra ao obradoiro inaugural do Mes da Ciencia en Galego impulsado pola Consellería de Cultura
A iniciativa creativa 'Precine', a cargo de Raquel Queizás, abre a programación, que se estenderá durante todo este mes con outros catro eventos infantís e unha exposición
Feijóo salienta que a Galicia actual ten unha débeda impagable coa visión innovadora da nosa cultura, co talento creativo e co emprendemento tenaz de Díaz Pardo
“Conforma un legado do que todos somos herdeiros; a súa obra é un lugar onde atoparnos”, di, do pintor, deseñador, ceramista, escritor, empresario e editor
Román Rodríguez reafirma o compromiso da Xunta coas artes plásticas cun investimento que supera os 600.000 euros
O Goberno autonómico realiza unha compra extraordinaria de obra artística para os fondos do CGAC converténdose na única institución pública que promove unha acción destas características en apoio a artistas e galerías
A Xunta abre o prazo para a creación de clubs de lectura nas bibliotecas dos centros educativos
O curso pasado participaron nesta iniciativa un total de 247 centros de toda Galicia
A Xunta celebra cinco obradoiros e unha exposición na Biblioteca Pública Antonio Odriozola de Pontevedra na programación do mes da ciencia en galego
As actividades arrancan este venres co evento creativo ‘Precine’, a cargo de Raquel Queizás, e terán continuidade ao longo de todo o mes de novembro
A Xunta contribúe con 500.000 euros á reactivación da actividade de 38 compañías e de catro salas escénicas
Publícase na web da Agadic a adxudicación desta nova liña de subvencións para o impulso do sector escénico, dirixida ao fomento de residencias artísticas que relancen montaxes xa producidas
A Biblioteca de Galicia analiza nunha exposición a evolución do tratamento da violencia de xénero na prensa galega
A mostra nútrese dos fondos que custodia o Gaiás e inclúe cabeceiras como ‘El Compostelano’, ‘Vida Gallega’ ou as primeiras series de fotogravado que documentan a violencia de xénero nos xornais a finais do século XIX
O CGAI proxecta en novembro un ciclo sobre tres directoras experimentais alemás e a filmografía de Guy Debord
A súa sede da Coruña exhibirá os traballos de Renate Sami, Ute Aurand e Dore O. e unha retrospectiva cos seis filmes do filósofo, escritor e cineasta francés
A Xunta abre o prazo para presentarse aos premios extraordinarios de ensinanzas artísticas profesionais
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade establece un total de seis galardóns, a razón de tres para a modalidade de Música, dous na modalidade de Artes plásticas e Deseño e un na modalidade de Danza
A Xunta converte en libro electrónico os 144 números da 'Revista Nós' no marco do centenario da publicación
O secretario xeral de Cultura, Anxo M. Lorenzo, e a directora da Amtega, Mar Pereira, presentaron hoxe a dixitalización da publicación que supón a recuperación do legado da Xeración Nós acorde coas novas canles de acceso de información