Hemeroteca

Novas publicadas antes de 2023

Ten dispoñibles para consulta 2869 novas da área temática Infraestruturas:

15/03/21 | 14:11 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

A Xunta colabora co Concello de Oza-Cesuras no acondicionamento e na mellora da accesibilidade do centro social de Lois

A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, comprobou hoxe as actuacións neste edificio financiadas ao abeiro da Orde de infraestruturas de uso público

15/03/21 | 11:50 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

Ethel Vázquez anuncia a licitación por máis de 1 M€ das obras da 1ª fase de acondicionamento e mellora da seguridade da estrada que une Grilloi e Ponteceso, en Cabana de Bergantiños

Vázquez Mourelle sinala que as empresas teñen ata o 12 de abril para presentar ofertas, co obxectivo de iniciar as obras no verán e rematalas a comezos de 2022

14/03/21 | 11:47 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta comeza a vindeira semana novos traballos de roza e limpeza en distintas estradas das provincias de Ourense e de Pontevedra

Inícianse as rozas na estrada OU-525, no tramo entre a cidade de Ourense e Allariz; na OU-933, no municipio da Rúa; e na OU-533, ao seu paso pola Gudiña, Viana do Bolo, A Veiga e A Rúa

13/03/21 | 13:00 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica a redacción do proxecto de iluminación da ponte Esperela sobre o río Avia na estrada OU-209, en Leiro

Esta actuación, adxudicada por máis de 18.000 euros, conta cun prazo de 6 meses

12/03/21 | 13:24 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta solicítalle ao Goberno de España que simplifique os trámites para autorizar obras de saneamento imprescindibles en Pontevedra, Pontedeume, Burela, Foz e Viveiro

Vázquez Mourelle lembra que a autorización para a construción do novo emisario submarino da ría de Pontevedra foi solicitada en maio de 2018 e aínda non foi emitida debido ás múltiples demandas de documentación do Ministerio

12/03/21 | 13:17 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta licita por 3,6 millóns de euros a mellora do firme e o reforzo da seguridade viaria do treito autonómico da estrada N-525 na contorna dos polígonos de San Cibrao e Barreiros

Ethel Vázquez salienta que se trata de mellorar unha vía pola que circulan ata case 20.000 vehículos ao día, facilitar os movementos cara ás zonas industriais e ofrecer maior seguridade e comodidade nos desprazamentos

12/03/21 | 12:35 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta adxudica as obras de mellora do firme na Avenida da Paz de Ribeira, que comezarán nas vindeiras semanas

A actuación, adxudicada por un importe de 48.000 euros, ten un prazo de execución de 2 meses

11/03/21 | 16:16 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas
11/03/21 | 15:56 | C. de Vivenda e Planificación de Infraestruturas

A Xunta inicia as obras de limpeza e conservación da ponte da estrada autonómica OU-536 no Concello de Xunqueira de Espadanedo

A intervención conta cun investimento autonómico de preto de 42.000 euros e cun prazo de execución estimando dun mes

11/03/21 | 13:10 | C. de Presidencia, Xustiza e Deportes

Gonzalo Trenor celebra o cambio de postura de Ábalos co acceso ferroviario ao Porto Exterior tras o encontro con Núñez Feijóo

O delegado da Xunta comparou o compromiso adquirido onte co Presidente da Xunta coa postura dos representantes do Goberno central no Concello que chegaron a cuestionar a viabilidade de Punta Langosteira